Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrará o vindeiro luns, 28 de marzo, un acto no que quere render tributo á traxectoria de tres compañías, Ancora Producións, Lagarta lagarta e Tanxarina, que foron escollidas como Socias de Honra da entidade pola importancia que tiveron para o desenvolvemento do sistema escénico galego contemporáneo, así como o seu traballo a prol do sector, aínda que as dúas primeiras non continúen en activo na actualidade.
A traxectoria das tres compañías está vencellada ao arranque de Escena Galega como asociación sectorial, que actualmente aglutina a máis de medio cento de produtoras de escénicas, e esta é a primeira das actividades programadas no marco das previstas para a celebración do vixésimo aniversario da asociación. O recoñecemento á traxectoria de compañías históricas por parte de Escena Galega iniciárase xa en febreiro de 2020, cando destacaran o labor de Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego.
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026
- O FIOT desvela as pezas finalistas do X Certame Metro Cadrado - 11/08/2026
- Arranca a XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño - 03/08/2026



