Os últimos artigos de...

Imaxe dun non-lugar onde se mercan cousas. Por Ma Fushun

Sobre os males que provoca a ansiedade e outros síntomas

O problema da ansiedade é que funciona coma unha droga: non sabes que es adicto, provoca violencia e sofres abstinencia cando a calma intenta aparecer. Particularmente, este último punto é o que máis me preocupa porque é o que impide con maior ímpeto que apareza un elemento fundamental para entender a beleza do mundo: a curiosidade.

Imaxe dunha parede cun graffiti. Por Andreas Fickl.

En primeira liña de pensamento

“A ilusión é un sentimento irremediablemente revolucionario. Porque desterra a apatía, ilumina a mirada e, ademais, contaxia”

Os lugares pequenos

A beleza de compartir sen barreiras é do máis fermoso que nos agasalla este oficio. Aprendamos a aprecialo.

Imaxe do teatro bombardeado.

O teatro como perigo para algo non identificado

O teatro é paz porque enriba do escenario os conflitos tenden a topar unha resolución. Un común punto de encontro onde os personaxes apoian os seus desexos de que todo vaia mellor.

Creo niso porque é o que me toca. A paz é inherente a todas as cousas. Só se precisa de persoas honradas e honestas capaces de manter a súa integridade cando todo se complique.

Foto de Pablo Arenas.

Parte de lesións

Bebo un pouco de café pensando na recta final. En que levo varias semanas sen escribir nada e que isto non está todo o pensado que me gustaría. Pero a cabeza tamén está no límite. Tal vez esaxero con este parte de lesións e queixas lastimeiras, pero fágoo porque me parece que é o máis honesto que podo escribir agora mesmo sobre o feito teatral.

Fotografía de Alisa Anton.

O café de antes de seguir

O café invita a pensar en voz alta. A dicir o que se pensa sobre o que se acaba de probar, sobre o que se acaba de facer ou, tamén, sobre o que non se fixo, non se dixo ou non se probou.

Fotografía de Keagan Henman.

O lobby do teatro

O teatro fai presión. Empurra o falso, o que non é, para achegar claridade e saúde. E quen se pode sentir aludido? Pois non o sei. Quen queira que garde o lixo baixo a alfombra e camiñe por ela coma se nada.

Foto Pablo Carrera.

Querida segunda persoa do singular

Esta profesión miña é un pouco así, sucia. E claro, a travesía en solitario non é posible. Especialmente se non interpretas ós personaxes cos que soñabas de neno ou non escribes o que queres ou como queres ou, simplemente, non escribes.

Virus

“Hai que lembrar, como lembran as células os virus que xa pasaron, como lembra o corpo cada golpe e como lembran as táboas de cada teatro as funcións que se fixeron sobre elas”.

Foto de Pablo Carrera

Unha imaxe a pé de páxina

O teatro salva. A pouco que se lle deixa espazo, aparece como un forte de inmenso poder positivo. Por iso pregunto: Puido o teatro algunha vez xerar algo tan negativo que xustifique quedar relegado a unha nota a pé de páxina no libros de texto?

Fotografía de Mohammad Rahmani

O teatro outro

Pensar ao outro preséntasenos como unha tarefa problemática, por non dicir imposible porque todo o que dicimos sobre o outro dicímolo dende o eu. O outro entón, non ten ningún contacto comigo. O problema é que cando o definimos facémolo

Foto Pablo Carrera

O que fracasa

Que algo poida gustarlle a moita xente, de moitas idades e realidades diversas, é, se o pensas con algo de perspectiva, case un milagre. Atinar en elementos que nos conecten como seres humanos é cada vez máis complexo.

Obxectos

Os pequenos obxectos deste mundo

Dende pequeno teño a mira desviada do foco de atención. Para os adultos era un despistado e supoño que podía parecer un pouco frustrante, pero a min paréceme divertido, e involuntariamente rebelde, observar en dirección contraria. Certamente, agora de adulto, xa o tema é menos involuntario pero non todo o rebelde que me gustaría. Todos somos conservadores ata certo punto, aceptémolo. Pero co afán de selo un pouco menos, quero falar e descubrir o mundo dos obxectos pequenos que envolven as artes escénicas.

Dramaturxia de verán

Fantasía para unha dramaturxia de verán

O certo é que eu escribo para satisfacer as miñas fantasías. E, claro, un dos grandes atractivos de colocar palabras nunha páxina en branco é que todo ten cabida.

Hai algo erótico na viaxe da construción dun texto, nese furgar no interior e rebuscar momentos reais, irreais ou improbables. Na elaboración dun conxunto de accións, na procura das palabras precisas, na mensaxe, no destino. Eu escribo para satisfacer o que nunca me sucedeu. Non falo dunha escrita terapéutica, pero si dunha escritura resolvedora das tramas que a vida deixa no aire. Ese é o meu punto de partida, e logo vén todo o resto.

Inocente

Cando o teatro é inocente

Cando o teatro é inocente recupérase algo da súa esencia. Libre de artificios, complexidades narrativas e escénicas, o feito teatral depúrase de maneira natural e a experiencia de asistir a un evento escénico gaña no fermoso. Hai que distinguir o fermoso e o feo. A filosofía conecta co teatro na consideración capitalista que se lle fai: son cousas inútiles. Por iso a min me encaixan tan ben xuntas. Igual ca poesía. A beleza é un concepto complexo. Porque está unido coa idea de ben, pero é facilmente pervertible cando a beleza só é estética e non garda nada no seu interior. Por iso penso que o fermoso é unha forza interna e non precisa evidenciarse.

Complexos

Vivimos momentos moi complexos

Non existe un período da historia do ser humano que non fora complexo, perigoso, inxusto ou violento. Estes adxectivos están presentes todo o tempo, en todos os lugares. Soamente varía a forma na que se manifestan. Son moitas as realidades que comparten tempo pero non lugar. Non se pode, nin se deben comparar, todas as inxustizas son igual de inxustas.

Casas

As casas dos do teatro

Os almacéns teatrales teñen unhas normas de uso singulares. Non todo vale e calquera cousa fora de lugar pode alterar o delicado equilibrio, o ecosistema, o status quo do devandito espazo. As cousas nese lugar clasifícanse de moitas maneiras. Os trastes pesados ao fondo, os focos naquela esquina, os obxectos delicados no armariño ese que ten cen mil anos, o ‘poliespán’ ao fondo xunto ás arañas, os útiles de hai dez anos que non se usarán xamais pero non se poden tirar por se as moscas, nese caixón; e así infinitamente.

Por entreter tampouco pasa nada

Son momentos complicados para evadirse da realidade con elegancia e intelixencia. Co paso do tempo, o entretemento foi sufrindo unha longa e constante caída nos infernos da intelectualidade. Agora está feo entreter. Está mal visto. É de mediocres. De covardes. É, a fin de contas, a saída fácil. Pois, enerxicamente, protesto.

Teatro-teatro

O teatro-teatro

Require o teatro-teatro un número superior de observadores para ser considerado como tal? Pode evolucionar? Pode chegar a ser Teatro con maiúsculas? Un teatro ultra-observado que se converte en algo máis. Deixa atrás a fase substantiva e adéntrase no campo superior dos nomes propios.

Paseos polo escenario

Unha cousa que me gusta moito facer antes de actuar é dar un paseo polo escenario, mirar as táboas e imaxinar que clase de cousas puideron ocorrer alí. Supoño que a historia dos sitios queda reflectida en lugares así.

O artista inauténtico non pensa no porqué Pablo Carrera Simón

O artista inauténtico non pensa no porqué

O teatro autoriza unha relación co sentido-sensación que a razón non comprende. A razón, que son palabras, non chega a esa habitación. E eu, que son dramaturgo, estou escribindo isto porque a dramaturxia non é unicamente unha sucesión de sílabas, a ver se o imos pillando. A dramaturxia organiza as sensacións do feito teatral. Recolle e sitúa todo o que significa, todo o que comunica: o que é linguaxe. E xa dicía Derrida que non hai nada fora da linguaxe.

Recibe a túa revista en papel Erregueté na casa

Por 20 euros ao ano recibirás dous números da revista con artigos, reportaxes, textos teatrais...