in

Ambición

Imaxe de Micheile Henderson.
Imaxe de Micheile Henderson.

Para que facemos teatro?

Facémolo para gustar? Para gustarnos? Por amor a el? Por fama? Por sobrevivir? Pola xente? Para transmitir unha mensaxe que doutra maneira non saberiamos? Por todo isto á vez? Ou por nada?

Nin idea.

Pódese ser ambicioso?

Non falo dunha ambición artística, claro. Iso está, supoño, ben. Pero como persoas humanas que somos… Podemos ambicionar o persoal dentro do xogo colectivo teatral? Podemos aceptar proxectos para lucimento persoal e logo, por exemplo, se o resultado non é o agardado, marchar?

Non digo que pase… pero pasa.

Hai futuro?

Dende que sei que existe o teatro levo escoitando que non hai futuro nese mundo constantemente. É como un leitmotiv que se repite con máis ou menos énfase, ás veces apoiado en datos, ás veces en sensacións, en experiencias…. Pero sempre está. O teatro digo, sempre está. Dende que se sabe, hai ritos, eventos con representacións… E xente facendo diso o seu estilo de vida. Tal vez, en ocasións, conseguindo algo de fama, algo de cartos e incluso facendo as cousas ben.

E se o mundo desaparece?


Publicidade

En algún momento todo vai estoupar e logo o espazo tempo comezará a comportarse coma unha goma elástica que se alonga e se contrae infinitamente. Así que si, supoño que astronomicamente temos motivos para ser escépticos.

Pero… e se o mundo non desaparece pero o capitalismo tampouco?

Teño escoitado bastante que é máis sinxelo imaxinar a fin do mundo que a fin do capitalismo. Certo. Imaxinades o mundo xirando con outro sistema económico? Complicado. Claro que máis complicado será facer o teatro nun futuro turbio, seco e tremendamente machista. O machismo e o capitalismo son un matrimonio moi ben avido que non paran de facerse notar.

Ambicionamos ter sentido entre todo isto?

É posible que de todas as preguntas que levamos, esta sexa a máis pertinente. Porque non é sinxelo loitar cada día contra miles de elementos adversos. Contra os insultos, contra os ataques, o desprezo, os empurróns e sobre todo, contra o inseguro que resulta todo.

Quen non ten ganas de se render?

Pero en cambio, aquí seguimos. Con ambición.

Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Demente' da Cía. Fran Sieira. Foto: Seimeira Producións

Comeza a XII edición do TRCDanza 2023

Foto de Yang Liping.

Mensaxe do Día Internacional da Danza 2023, por Yang Liping