in

CAOS

Unha persoa mirando as estrelas. Greg Rakozy.
Unha persoa mirando as estrelas. Greg Rakozy.

Hai moitos anos preguntáronlle a Any Rand se non se marabillaba de ver o ceo e comprobar como todo estaba perfectamente ordenado. Rand, sabendo que o entrevistador buscaba facerlle ver que nada podería existir de non ser por deus, respondeulle que inevitablemente iamos buscar a forma de considerar ordenado calquera cousa que existise.

Segundo isto a diferenza entre orde e o caos é unha cuestión de perspectiva.

Non creo que ninguén busque converter a súa vida nun caos, xa de por si a palabra ten unhas connotacións negativas potentes, pero si que é certo que hai xente que vive, imos dicir, desordenadamente. Por exemplo, sen rutinas, impuntualidades e cunha alta dose de improvisación diaria. Hai xente que vive así, non sei, a min daríame un patatús, pero entendo que a necesidade de sentirse vivo aparece de moitas e diferentes formas.

Publicidade

Caoticamente ou non, é certo que en xeral tratamos de que as cousas saian ben. E como na vida iso non sempre é posible, ou non sempre depende de nós, tratamos que na arte si que pase. E claro, isto fai que me pregunte se semellante idea é unha temeridade.

Porque a obsesión é temeraria. E a obsesión pola perfección é tal vez o máis imbécil que se pode pretender.

Existe acaso algo máis clasista e rancio que a idea da perfección?

A perfección é unha idea preconcibida que nace da suposición de que existe un estado ideal das cousas. Algo semellante a ese mundo das ideas do que falaba Platón. Pero claro, ese mundo das ideas nin se localiza no plano real nin é alcanzable sen algún tipo de vínculo místico. E se quitamos o místico da ecuación deducimos que o perfecto está fóra do mapa. E, polo tanto, a obsesión por chegar ó perfecto vólvese insá. Antinatural, incluso.

E que alternativas nos abre esta lóxica? Pois abrazar e aceptar o que hai, o que vemos, facemos ou logramos sen a procura dun estado de excitación mental sobre unha idea de beleza excluínte.

É isto conformarse? Non.

Abre posibilidades? Si, porque todo ten cabida e a única forma de que iso non se converta nunha estafa é actuar con responsabilidade. Así que si, non é sinxelo facer no baleiro, pero tamén é a única forma de non deixar a ninguén fóra.

E se isto significa que hai moitas cousas que se estaban facendo mal pois entón, perfecto, a des-construírse ou o que corresponda.

E, mentres navegamos pola liberdade das posibilidades, o que nos resta é aprender a xestionar o caos.

Publicidade

Boa sorte.

Publicidade
Publicidade
Pablo Carrera Simón

Pablo Carrera Simón

(Vigo, 1991) Master en Artes Escénicas polo Instituto de la Danza Alicia Alonso & URJC. Graduado en Interpretación Textual e Dramaturxia pola ESAD de Galicia. Dende o ano 2019 presenta o podcast Procastination e é un dos fundadores da Asociación Galega de Commedia dell'Arte. As palabras fante conservador ou revolucionario. E nesas andamos.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Galicia convidada especial no Festival Internacional de Teatro de Manizales

Galicia é a convidada especial no 55º Festival Internacional de Teatro de Manizales

336909927 737951491136597 5385501409779921586 n

Canta máis luz, máis sombra