Esta semana, coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Teatro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, e os seus órganos depentes, AGADIC e Centro Dramático Galego (CDG), abriu o prazo para que as compañías de artes escénicas soliciten as axudas á creación deste ano, así como unha convocatoria para a recepción de proxectos de escrita dramática coa fin de desenvolver unha dramaturxia que será coproducida polo teatro público.
Etiqueta: Día Mundial do Teatro
Teatro… es ti
“O teatro é unha arte milenaria e resistente. Resistiu as Guerras Mundiais, resiste os gobernos que tentan retirarlle os medios e os espazos, resiste os poderes que o censuran. Non hai quen esgane nin afogue o teatro. El sempre vai estar aí porque é connatural ao ser humano. Isto é incontestable e sinto poñerme así de taxativo, pero é. Non hai civilización humana sen teatro e canto menos teatro, menos civilización e menos humanidade”, afirma Afonso Becerra no seu artigo de opinión quincenal con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro 2021.
Evaristo Calvo asina o Manifesto Galego polo Día Mundial do Teatro
O Teatro é unha arte inmortal, escribe Evaristo Calvo no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2021, mais esta arte inmortal ten a sua cara viva no agora, no tempo dos vivos que non somos inmortais. Esta xente de agora, está a soster ferida a arte que a humanidade se deu a si mesma para se recoñecer. As intérpretes somos un órgano vital no corpo desta arte inmortal. O teatro non vai morrer, pero hoxe sofre cando este órgano adoece de fame e medo.
A MIT de Ribadavia celebra o Día Mundial do Teatro coa estrea dun documental
Non vale parar. Unha MIT nos tempos da COVID é o filme das ribadavienses Ainhoa Viñuela e Blanca Selas. Unha peza sensible, enfiada pola coreógrafa Laila Tafur, en residencia artística durante a MIT de 2020. A película recolle unha ollada ampla ás emocións, imaxes imborrables, retos e compromisos colectivos que se deron cita nos espazos a ceo aberto dun dos escasos eventos culturais que deu paso á apertura e protocolos COVID nos lugares da cultura ata o día de hoxe.
A COVID adía os María Casares ata novo aviso
A AAAG considera que existe unha “incerta perspectiva de poder desenvolver con garantías o normal funcionamento do certame e a súa entrega”, así como dificultades, por mor das restricións, para que “o censo de votantes dos galardóns poida acceder aos espectáculos estreados en 2020 para emitir o seu voto”.
Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, por Isabel Risco
| Texto: Isabel Risco | Ouh! Fagamos unha arroutada colectiva, descontrolada, desacralizada, incemos os peitos de irreverencia, de rebelión, de gargalladas, de sensacións, abramos as cancelas da percepción, botemos o seu cadeado ao mar bravo e xeneroso que nos azouta transformando ese efecto en aloumiño, para que o engula e o deposite nas súas […]
Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro
O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute, ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2020, cuxo autor é o director de escena e dramaturgo paquistaní Shahid Nadeem. É unha gran honra para min escribir a Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2020. É un sentimento que me […]
‘The Island’: teatro de Burkina Faso no Rosalía de Castro da Coruña
Coincidindo co Día Mundial do Teatro, o Teatro Rosalía de castro da Coruña programa a representación de The Island, que se enmarca dentro do Festival Nómade de Cultura Africana Harmatán. A Coruña será un dos tres municipios do Estado, xunto con Murcia e Móstoles, nos que se poderá gozar deste espectáculo, que estará acompañado, ademais […]
Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, por Carlos Santiago
| Texto: Carlos Santiago | Ser libre non é fácil. Menos en tempos nos que os fantasmas da longa noite son acirrados aquí e alá para espallar o medo e a sospeita e endurecer de novo as olladas e os corazóns da xente que ao lonxe espreita. Parece así que a vella idea da […]
Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro 2019
O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2019, cux autor é o director de escena, dramaturgo, educador teatral e profesor cubano Carlos Celdrán. Antes do acordar no teatro, os meus mestres xa estaban alí. Construíran as súas casas e as […]
Mensaxe do Día Mundial do Teatro 2018
| Simon McBurney, Reino Unido | A media milla da costa da Cirenaica, no Noroeste de Libia, existe un amplo abrigo rochoso. Ten 80 metros de largo e 20 de altura. No dialecto local chámanlle Hauh Fteah. Análises de datación de carbono-14 realizadas en 1951demostraron unha ocupación humana ininterrompida ao longo de, polo menos, 100.000 […]
O CDG abre a súa sede ao público para festexar o Día Mundial do Teatro
O Salón Teatro desenvolverá unha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo con visitas guiadas gratuítas en cinco quendas. O Centro Dramático Galego (CDG) festexará o Día Mundial do Teatro cunha xornada de portas abertas o martes 27 de marzo na súa sede en Santiago. A iniciativa amosaralle ao público o edificio […]
Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro
Quen hai aí? A dramaturga e actriz Imma António é a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatrodurante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto. […]
Mensaxe Internacional do Día Mundial do Teatro
O Instituto Internacional do Teatro (International Theatre Institute ITI) dá a coñecer a Mensaxe do Día Mundial do Teatro correspondente a 2017, cuxa autora é a actriz francesa Isabelle Huppert Ben, aquí estamos outra vez. Reunidos de novo na primavera, 55 anos logo da nosa reunión fundacional, para celebrar o Día Mundial do Teatro. […]