in

Producións Teatrais Excéntricas estrea ‘O porco de pé’, a partir do texto de Vicente Risco

O porco de pe scaled |
'O porco de pé', de Excéntricas. Imaxe de Sabela Eiriz.

Producións Teatrais Excéntricas estrea mañá, xoves, 31 de marzo, no Teatro Principal de Ourense a súa nova montaxe, O porco de pé, a partir do texto homónimo de Vicente Risco, cunha segunda función o venres. A peza é un teatro de barracón: un farol, un chan de serraduras, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.

Para Excéntricas, a sátira de Risco ten hoxe en día máis vixencia que nunca, e nesa viaxe á década dos anos 20 do século pasado pasarán “anarquistas, esportistas, agraristas, proxenetistas, golpistas, vanguardistas, caciquistas, futuristas, pasadistas e presentistas”.

O elenco da montaxe está formado por  Patricia Vázquez, Victor Mosqueira e Evaristo Calvo. Detrás da arte plástica da peza está Carlos Alonso; no mundo sonoro, Piti Sanz; na luz, Octavio Mas, e na dramaturxia Pepe Sendón e Quico Cadaval. Na parte gráfica, están Javier de la Rosa no deseño, Sabela Eiriz na fotografía e Natasha Lelenco no vídeo.


Publicidade

Despois das dúas funcións en Ourense, O porco de pé percorrerá os seguintes lugares nas seguintes datas:

  • 02 de abril no Salón Teatro de Lalín
  • 03 de abril no Auditorio Municipal do Rosal
  • 07 e 08 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela
  • 21 de abril no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
  • 22 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
  • 30 de abril no Auditorio Municipal de Rianxo
  • 02 de maio no Auditorio Municipal de Rianxo (función para centros de ensino de 4º ESO a 2º Bacharelato)
  • 07 de maio no Auditorio Municipal da Illa de Arousa
  • 09 de maio no Auditorio Municipal da Illa de Arousa (función para centros de ensino de 4º ESO a 2º Bacharelato)
  • 14 de maio na Casa da Cultura de Allariz
  • 21 de maio no Teatro da Beneficencia de Ortigueira
  • 10 de xuño no Auditorio de Vilalba
  • 12 de xullo nas Noites Teatrais de Vilamarín
  • 24 de agosto na Mostra de Teatro de Cee
  • 22 de outubro no Auditorio de Verín
  • 28 de outubro no Auditorio de Malpica de Bergantiños
  • 12 de novembro no Pazo da Cultura de Narón
  • 19 de novembro na Casa da Cultura de Brión
  • 25 de novembro no Local Xente Nova de Carril

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Bolsa de dramaturxia e creacion |

A Agadic convoca a segunda edición da bolsa de dramaturxia do CDG

xixela4 |

Illas desertas