in ,

A PreMIT acolle a presentación de ‘Profetas’, de Ernesto Is

ErnestoIs2 1 |
Ernesto Is

A Casa do Concello de Ribadavia hoxe ás 21.00 horas a presentación do libro coa peza Profetas, de Ernesto Is, que obtivo en 2021 o 16º Premio Abrente de Textos Teatrais. Is é o primeiro dramaturgo que consegue por segunda vez este recoñecemento, e este texto preséntase agora editado dentro da colección Abrente da editorial Difusora. Tamén hoxe, ás 22.00 horas, se resolverá o 17º Premio Abrente de Textos Teatrais.

Estas dúas son as últimas actividades encadradas dentro da PreMIT, que onte acolleu unha función da peza O meu TOC, por parte do grupo de teatro afeccionado ribadaviense Teatro do Vilar, no Auditorio Rubén García do Castelo; antes da inauguración da Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, mañá, venres 15 de xullo. Será nun acto que se celebrará ás 20.30 horas na Igrexa da Madalena e que abre o programa desta 38ª edición da mostra, que se desenvolverá ata o 24 de xullo. O acto contará coa asistencia do Subdirector General de Teatro y Circo do Ministerio de Cultura, o Director da Agadic da Xunta de Galicia, o Vicepresidente da Deputación de Ourense e a Alcaldesa de Ribadavia, entre outras autoridades políticas.

Ese evento inaugural inclúe un concerto de Sheyla Patricia e, deseguido, ás 21.00 horas, entregarase o Premio de Honra Roberto Vidal Bolaño ao mérito nas artes escénicas a Eduardo Rodríguez Cunha, Tatán, así como o Premio Abrente de Textos Teatrais 2022, antes da peza que abrirá a programación no Auditorio Rubén García do Castelo, Hamlet, da compañía peruana Teatro La Plaza.


Publicidade

Consulta o Programa completo da MIT 2022. 

profetas Abrente |

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

17.03.22 ©Jose Frade 5 |

‘Em casa, no zoo’ | 39 Festival de Almada

Presentacion Cangas 1 Imaxe de Alberte Bello |

Presentación do número 103 e do libro en Cangas