O xurado valorou “a súa capacidade de crear un personaxe complexo desde a contención no nivel expresivo do personaxe de Ada en Liberto”. Ademais, tivo en conta tamén “o seu compromiso como actriz na valoración dun modelo para o galego oral, así como a súa capacidade para implicarse en proxectos de moi diverso tipo”.
Etiqueta: Rocío González
Excéntricas estrea ‘Estrela do día’ na Coruña
Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
Rosalía
Unha peza que trata ao seu público, aos rapaces e rapazas de primaria, coma o que son: nenos e nenas con capacidade de pensar e imaxinar. Unha proposta sinxela na que a interpretación das actrices é o seu máximo aliciente para sentar e desfrutar.
Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia.
Xardín suspenso
Ela segue aí | Camilo Franco | A familia é un muro de cristal. Translúcido. Vense os movementos, pero non se saben as intencións. Nin as boas, que son as peores. Esa é a paisaxe: universal, cotián. É demasiado familiar para ser irrecoñecible, demasiado familiar para que poidamos entendela. A familia nace, o resto é […]