
Supernormales
Somos quen de privar do pracer e do goce ás persoas con diversidade funcional? Supernormales fainos esa pregunta, de moitas maneiras ao longo da peza, mentres enfronta ao espectador a verdadeiras puñaladas emocionais.
Somos quen de privar do pracer e do goce ás persoas con diversidade funcional? Supernormales fainos esa pregunta, de moitas maneiras ao longo da peza, mentres enfronta ao espectador a verdadeiras puñaladas emocionais.
Grial arrástrase polo chan de terra, baila, transita entre a luz e as sombras, xoga co equilibro, ri e chora. Sentada no chan, fronte ao público, ábrese ao drama dunha Sara que conseguiu fuxir dos seus males grazas á danza.
Supón un acto de rebeldía seguir poñendo sobre as táboas montaxes como Las dos en punto onde se ve claramente a desobediencia civil dunhas mulleres que foron sinaladas como tolas ata o final dos seus días, que loitaron por sobrevivir grazas á caridade e que tiveron a coraxe de seguir adiante despois de ser violentadas.
Falamos con Fabián Bastos, creador e conductor de Lapis e Papel, podcast radiofónico en lingua galega que trae a actualidade das artes escénicas e axenda teatral de Vigo e a súa comarca.
Atraco, paliza y muerte en Agbanäspach é una obra macarra que sabe xogar co público e acompañalo durante dúas horas polos distintos puntos de vista dun verdadeiro atraco. A realidade e a ficción entrecrúzanse en diversos planos, onde a metateatralidade é a vencedora.
32m² de ButacaZero fai que o público desfrute coas absurdezas, coas contradicións e coas ansias de liberdade que a pandemia trouxo consigo. Un canto á liberdade máis urbanita que fará rir a máis de un.
Esta obra non se sustenta na reivindicación panfletaria, nin no ton lacrimóxeno. Non vemos nin escoitamos o sufrimento das vítimas adolescentes perseguidas, pero podemos imaxinalas. Porque a realidade seguramente sexa moito peor e a importancia do suicidio, como estratexia de fuxida, é un feito que non evita Suárez Lema.
María Jose Peris interpreta a unha Tórtola mística, idealista e chea de contradicións. A figura da feminidade máis madura, grandilocuente e, ás veces, toda unha caricatura. Porque a Carmen Tórtola de Begoña Tena bebe diso, do extremo e da sutileza; de continuar coa mentira ou de desbotala.
Falamos con Susana Crespo, unha muller que comezou a amar as artes escénicas cando ía á escola en Londres, onde o teatro era parte da súa educación. Reivindica a importancia de formar ás novas xeracións e democratizar a cultura.
Unha peza que trata ao seu público, aos rapaces e rapazas de primaria, coma o que son: nenos e nenas con capacidade de pensar e imaxinar. Unha proposta sinxela na que a interpretación das actrices é o seu máximo aliciente para sentar e desfrutar.
A montaxe de Pazos, afástase das reinterpretacións dos clásicos ás que nos ten acostumados nos últimos anos. O respecto ao texto é case escrupuloso e as atmosferas de son, auga, fume e luz crean momentos de enorme beleza que reforzan toda a simboloxía da peza.
Por 20 euros ao ano recibirás dous números da revista con artigos, reportaxes, textos teatrais...