O programa da Deputación de Pontevedra contará, desde o 24 de decembro ao 3 de xaneiro, con oito espectáculos en liña de diferentes compañías galegas. As funcións estáran dispoñibles na páxina web da corporación durante 24 horas.
Teatro desde a casa neste atípico Nadal. A Deputación de Pontevedra pon en marcha desde o 24 de decembro ao 3 de xaneiro o programa de espectáculos virtuais Prendendo Butacas con dous obxectivos claros: o primeiro, poñer a luz e a atención sobre o público, animándoo a encher de novo, e en canto a situación epidemiolóxica o permita, as butacas dos teatros; e o segundo, devolverlles ás e aos profesionais da cultura todo o que nos ofreceron durante o confinamento con todas as medidas de seguridade e responsabilidade que require a situación.
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación programou estas oito funcións de teatro en liña con compañías fundamentais da provincia.
Toda a programación nesta ligazón.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.
- Titiriberia celebra a súa undécima edición - 13/08/2026
- O FIOT desvela as pezas finalistas do X Certame Metro Cadrado - 11/08/2026
- Arranca a XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño - 03/08/2026



