in

Aprobada a guía de recomendacións fronte á COVID-19 no sector escénico galego

COVID-19
Imaxe de Señora Supina
Esta guía de recomendacións fronte á pandemia inclúe cribados e/ou probas ao elenco artístico. | Imaxe: Señora Supina (Auditorio de Ourense) |

 

O sector escénico en Galicia conta, desde este mes cunha guía de recomendacións fronte á COVID-19 para a actividade específica. O documento acordouno por consenso o comité de Saúde Laboral do Convenio de Actores e Actrices de Galicia, integrado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Confederación Intersindical de Galicia (CIG), e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega) e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Neste documento, aprobado o pasado 16 de novembro, engádese a recomendación de que “a acción preventiva inclúa a realización ao elenco artístico de cribados e/ou as probas necesarias para a detección da COVID na forma e periodicidade determinadas polos Servizos de Prevención de Risco Laboral”.

As medidas e recomendacións xerais desta guía deberán servir para orientar a redacción dos plans específicos de calquera empresa produtora que realice unha actividade escénica, e tamén para os que deban elaborarse para a produción, ensaio e exhibición dun espectáculo concreto.

Esta recomendación explícita sobre probas atinxe os elencos artísticos, conformados por profesionais cunha especial exposición a riscos de contaxios; xa que no ámbito dos actores e actrices, así como bailaríns/as e profesionais do circo, polas particularidades dos seus oficios, resultan dificilmente asumibles as medidas básicas de protección, nomeadamente a chamada distancia social e o uso de máscara.


Publicidade

 

Consulta a guía completa de recomendacións fronte á COVID-19 na seguinte ligazón.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Isto non é Berlín | Colectivo RPM

Estrea de ‘Isto non é Berlín’, documental sobre a comunidade de artes vivas da Coruña

Prendendo Butacas Deputación Pontevedra

Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal