Unha peza que trata ao seu público, aos rapaces e rapazas de primaria, coma o que son: nenos e nenas con capacidade de pensar e imaxinar. Unha proposta sinxela na que a interpretación das actrices é o seu máximo aliciente para sentar e desfrutar.
Etiqueta: Prendendo Butacas
Prendendo Butacas: teatro desde a casa este Nadal
Dadas as complicacións na evolución da pandemia COVID-19 en Pontevedra, a Deputación pon en marcha o programa Prendendo Butacas que conta oito funcións de teatro en liña de compañías fundamentais da provincia.