in ,

Presentación do volume ‘DramaturGA 20’ en Pontevedra

DramaturGA 20
Deseño de Julio Fer

Será este venres ás 20.30 horas no Espazo Meraki de Pontevedra. A entrada é libre con aforo reducido, polo que é preciso reservar praza previamente en [email protected].

A Asociación Galega de Dramaturxia (DramaturGA) presenta este venres 28 de maio o seu primeiro libro editado por Invasoras: Dramaturga 20. 11 textos breves. A cita será ás 20.30 horas da tarde no Espazo Meraki de Pontevedra, no número sete da rúa Castelao. No acto intervirán Zé Paredes, en calidade de presidente, que fará unha breve presentación da asociación; Julio Fernández, como editor e coordinador do volume (xunto con Francisco Oti Ríos), ademais de autor no mesmo, que fará unha breve presentación dos 11 textos que contén o libro; e varias das autoras e autores, e faranse lecturas dramatizadas de fragmentos dalgúns dos textos. O acto vai ser gravado e compartirase nas redes sociais de DramaturGA.

A entrada é libre con aforo reducido debido ás restricións actuais, polo que desde a asociación recomendan reservar praza previamente en [email protected] ou [email protected].

Publicidade

O volume, publicado en Ediciones Invasoras, inclúe textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, Esther F. Carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da literatura dramática contemporánea galega.

O libro pódese conseguir nesta ligazón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

USCénica

Programa completo da segunda edición do USCénica

Escenoia V

Escenoia: un lustro de teatro breve