Anxos abandonados

Anxos abandonados en mosaicos despois do combate

O único ser vivo capaz de reflexionar sobre a súa propia traxedia, a de ser, é o ser humano. Capaz de premer o botón que fai estourar a bomba e chorar logo polos seus resultados. O único ser vivo capaz de matar ax conxénere e cantar a súa soidade. O único capaz de crear e destruir ao mesmo tempo e mesmo, facer do proceso unha obra de arte. Arredor disto orbita a nova proposta escénica de Julio Fer e Anómico Teatro: Anxos abandonados en mosaicos despois do combate.

STRPTS // Fin de tempada Cinema Sticado

STRPTS // Fin de tempada

Se cadra, a historia que nos propoñen é o menos importante unha vez atendemos ao despregue de medios e ao discurso metateatral. Aínda así, o certo é que Cinema Sticado logra meterme como espectador na trama e atender ao mundo psicodélico de Mirlo e Rula e o seu maletín con poderes extraordinarios, esquecendo un tanto a tecnoloxía que o rodea. O feito de que a historia estea manipulada por unha elite, non deixa de abondar na súa proposta de facer explícitos o xeito no que a humanidade se move coma unha marioneta, sen darnos conta.