Diablo en la playa | Matarile

El diablo en la playa

Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.