Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín informativo # 20

Os tres primeiros títulos que presentamos neste vixésimo  boletín son novidades absolutas que irán a engrosar o FTMC da Biblioteca Pública de Cangas. Unha mostra da continúa renovación, tanto en libros como na súa hemeroteca teatral, deste específico servizo bibliotecario. Os dous volumes seguintes, que xa formaban parte del, destacámolos sobre todo polo seu interese pedagóxico.

Noites de Caxias

de Ricardo Simôes

Peças do Noroeste nº 5.

La teoría dramática

Un viaje a través del pensamiento teatral
de Jaume Melendres

Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena. Institut del Teatre. Dantzerti. Mayo 2021.

Esta peza teatral, creada a partir da novela As longas noites de Caxias de Ana Cristina Silva, corresponde á  146 produción do Teatro do Noroeste- Centro Dramático de  Viana e  foi estreada o 22 de abril de 2021, na Sala Experimental do Teatro Municipal Sá de Miranda en Viana do Castelo. A dirección escénica é do propio autor e a interpretación de Ana Perfeito.

O texto retoma dúas figuras femininas reais: unha moza   resistente fascista e unha PIDE, Madalena Oliveira, a axente feminina que subiu máis alto na xerarquía da policía secreta. E é nesta personaxe, maléfica e sádica,  e no cárcere de Caxias onde máis se centra a acción dramática.

Compre lembrar que a PIDE, como en España a Brigada Político Social da ditadura franquista, ademais de matar e torturar, tentaba producir medo dentro e fóra da prisión para impedir a chegada da democracia. Tan importante coma o sufrimento físico era a devastación psicolóxica dos prisioneiros para que quebrantar a súa vontade, para que lles fose roubada a súa identidade e as súas conviccións.

De novo o teatro vai ser un instrumento fundamental para modelar a memoria colectiva alertando ao público- espectador ou lector- sobre os perigos e horrores dunha ditadura fascista. Sobre todo cando andan por aí na actualidade figuras tenebrosas como Bolsonaro, Salvini ou Abascal, apoloxistas da discriminación, da homofobia, da misoxinia e do nacionalismo.

Ricardo Simôes naceu en 1979 en Viana do Castelo. Licenciado en Xestión Artística e Cultural asistiu a cursos de especialización en Socioloxía da Cultura nas Universidades do Miño e de Aveiro. Ten formación en interpretación para cine e televisión.

Participou en máis de 45 producións teatrais do teatro do Noroeste-CDV, entre 1997 e 1999 e desde 2006 até o presente.

Colaborou coas Compañías Seiva Trupe, Teatro Experimental do Porto, Entretanto Teatro, Trigo Limpo e Teatro O Bando.

É director artístico do Teatro do Noroeste-CDV desde setembro de 2015.

Este volume de teoría dramática é a narración dunha viaxe, chea de avatares e de cambios de rumbo, a través do pensamento teatral en Occidente e o resultado da busca, protagonizada por un honesto aventureiro, feita desde a experiencia dunha longa traxectoria profesional comprometida, a de Jaume Melendres. Unha obra magna.

O autor presenta en primeiro lugar unha cronoloxía interesantísima de case dúas centas páxinas que vai do ano 536 a. C. até 1980. Seguidamente “Entra o dramaturgo”, “Entra o actor” e “Entra o director”.

Sobre a base stendhaliana das afinidades, este libro busca máis as coincidencias parciais por exemplo as de Diderot con Stanislavski ou as de Brecht con Schiller, que as súas grandes e espectaculares oposicións.

Ao remate da viaxe, semella evidente que o discurso sobre o teatro, é verdadeiramente  un extraordinario labirinto: está feito con espellos que reflicten, á vez e nunha mesma superficie, ao pensador e ao suxeito creador, a práctica e a teoría. Mais ao fondo do recinto non hai ningún Minotauro que poidamos liquidar coa espada de madeira dunhas conclusións en formato académico.

A grandeza do pensamento dramático, explica Melendres, é estar sempre en conflito, nunha loita de contrarios.

Jaume Melendres (Martorell 1941- Barcelona 2009) Economista por estudos, nunha estadía en París para doutorarse en Ciencias Económicas, entrou en contacto co teatro francés e esta circunstancia vai transformar a súa vida profesional. Abandona o campo da economía para dedicarse totalmente á literatura e ao teatro combinando a súa obra de escritura e dirección escénica coa de tradutor e crítico. Desenvolveu unha actividade pedagóxica continua no Institut del Teatre de Barcelona como profesor de Teoría Dramática, de Interpretación e de Dirección escénica.

DFW nas profundidades da tristeza infinda

As cancións que lles cantaban aos cativos
de Raúl Dans

Edicións Laiovento Teatro.

O ideario teatral das Irmandades da Fala

Estudo e antoloxía.
de Carlos Caetano Biscaíno Fernandes e Cilha Lourenço Módia.

Deputación Provincial da Coruña. 2002.

En DFW nas profundidades da tristeza infinda, Dans explora  as rivalidades literarias e os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Walace e Jonathan Franzen. É unha obra teatral de non ficción. Todos os feitos que se narran sucederon en realidade e os lugares nos que se desenvolveron tamén existiron igual que os personaxes que nela aparecen. Non obstante é teatro e nada sobre o escenario é real. Velaquí o reto dramatúrxico que afronta o autor.

A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remontase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.

Sobre As cancións…a crítica escribiu:

“Raúl Dans produce unha peza de valor en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario” ( Xesús González Gómez).

“Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal” ( Manuel F. Vietes).

“É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor” ( Xerardo Couto)

As cancións… resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura” (Armando Requeixo)

“Un texto, como todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar” (Miguel Sande)

O libro ten tres partes diferenciadas:

Deus Fratesque Gallaetiae: As Irmandades da Fala. Título que recolle o lema dos Irmandiños e que á vez nos lembra o “Deus fratesque Gallaecia” de Alfredo Brañas musicado e popularizado por Suso Vaamonde.

Nesta primeira parte os autores fan un percorrido histórico das Irmandades destacando a súa constitución en 1916, a celebración da I Asemblea en 1918 e as consecuencias da Ditadura de 1923.

O ideario teatral irmandiño. Un dos obxectivos das Irmandades era a actividade dramática, superando a concepción do teatro galego como unha simple exhibición de asuntos folclóricos sen transcendencia e o outro obxectivo fundamental era, por suposto, reafirmar a funcionalidade do idioma.

Nesta segunda parte analizan o labor propiamente teatral das Irmandades, coa creación en 1919 do Conservatorio Nazonal de Arte Galego (CNAG), dirixido nun primeiro momento por Fernando Osorio, actor galego diplomado na Escola de Lisboa, quen ademais se encargaba da formación en interpretación. A análise complétase coas tarefas desenvolvidas polo Cadro de Declamación da Irmandade e da Escola Dramática Galega (1922).

De todas estas andanzas queda constancia no voceiro A Nosa Terra, mais coa chegada da Ditadura a acción cultural queda totalmente limitada, prohíbense as actividades da  EDG, os cursos de lingua e outras moitas iniciativas.

Antoloxía. Última parte do libro na que se recollen escenas das pezas clave das Irmandades ao longo da súa singradura, rematando co texto O Mariscal, que Vilar Ponte lle encomendou a Cabanillas, mais que quedou fóra do repertorio da Escola Dramática Galega; texto do que xa se falou no Boletín FTMC número 14.

Esta obra axuda a  profundar  nunha etapa da nosa historia que supuxo unha oportunidade de dignificación da lingua e da cultura galega. Moi recomendable para traballar en secundaria, nas áreas de literatura galega e de historia.

Carlos Caetano Biscaíno ademais de ter experiencia como actor, docente, director, crítico e guionista, tamén é autor de varios libros relacionados co teatro entre eles o Manual nº 5 de Casahamlet: Conformando o brinquedo; reflexións á volta da preparación do actor.

 Cilha Lourenço é profesora na UDC e ten escrito sobre o Teatro Circo, mais tamén sobre outros aspectos relacionados co teatro en obras colectivas. Como actriz traballou no Teatro do Alvardán, no Clube Teatral Elsinor e na Compañía Casahamlet.

El juego dramático de 5 a 9 años

de Rosario Navarro Solano e Alfredo Mantovani.

Colección Recursos, nº 31. Ediciones Mágina. Octaedro Andalucía (2012).

Este libro intenta plasmar a experiencia como docente teatral de Rosario Navarro cun grupo de 10 nenos/as de entre 5 e 9 anos levada a cabo ao longo dun curso en horario extraescolar en sesións de entre 60 e 90 minutos. Co obxectivo de amosar o xogo dramático como un medio idóneo para aprender a compartir, a aceptar e respectar ao outro, a desenvolver a propia iniciativa, a resolver conflitos desde a non violencia…e en definitiva, como un medio para o desenvolvemento das habilidades sociais.

Nunha primeira parte esencialmente teórica a autora afonda no xogo dramático analizándoo por etapas educativas; de 3 a 5 anos, de 5 a 9, de 9 a 13 e de 13 a 18; pois en función do momento evolutivo do alumnado aparecen diferentes “xeitos de xogar ao teatro”, tendo en conta que a capacidade de concentración e de entrega, a comprensión das pautas e o xeito de relacionarse no grupo varía tamén de acordo ás idades.

Na segunda parte presenta un diario de todas as sesións que tiveron lugar ao longo do curso, comentando tanto as actividades propostas como os resultados, as dificultades e todo tipo de consideracións oportunas para reflexionar sobre o traballo realizado.

Remata o libro cunhas consideracións finais, extraídas do diario de campo e das reaccións do alumnado e das familias, nas que evidencia a importancia da práctica teatral na escola.

Este é un libro que pode axudar ao labor do profesorado interesado en que o seu alumnado experimente co teatro en xeral e co xogo dramático en particular. Aínda que as sesións prácticas están pensadas para idades de entre 5 e 9 anos, a primeira parte teórica é interesante para os distintos niveis educativos, pois fala de cada unha das etapas.

Rosario Navarro Solano é doctora en Ciencias da Educación, e profesora da Universidade de Sevilla. Xunto con Alfredo Mantovani publicou tamén La dramática creativa de 9 a 13 años.

Alfredo Mantovani é actor, director e profesor de teatro e preside Proexdra, a Asociación de Profesores pola Expresión Dramática en España. Ten varios libros publicados relacionados coa dramatización, o xogo teatral e a creatividade interpretativa.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.