Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC. Boletín Informativo nº31

Xaneiro-febreiro- marzo 2024

En 2024 este Boletín seguirá, con periodicidade trimestral, informando dos fondos existentes sobre Artes Escénicas na Biblioteca Pública Central de Cangas.

Neste primeira entrega salientamos cinco comedias dun autor brasileiro; un texto sobre as posibilidades pedagóxicas que ofrece o teatro para o ensino das linguas; unha historia do teatro cunha ollada especial ao seu desenvolvemento en Latinoamérica e un diálogo con Augusto Boal e a súa obra dunha profunda e actual proposta de liberación social.

Machado de Assis.

Machado de Assis e a mundana comédia

Cinco peças teatrais
de Alva Martínez Teixeiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro (edição e estudo)

Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

Aulas sen paredes

Aulas sen paredes

de Rosalía Fernández Rial

Edicións Positivas. Santiago de Compostela, 2016.

As cinco pezas escolmadas neste volume son representativas da dramaturxia do autor ao longo de máis de catro décadas e aspiran a representar as diversas tipoloxías de comedia que foron cultivadas polo singular escritor e intelectual brasileiro Joaquim María Machado de Assis (Rio de Janeiro 1839-1908).

A comedia fársica: Quase ministro (1862); a comedia mítico-alegórica en verso: Os deuses de casaca (1864-1865); a comedia histórica-ficcional: Tu só, tu, puro amor...(1880) e a comedia burguesa: Nâo consultes médico (1896) e Liçao de botánica (1905).

Na primeira comedia adopta unha crítica social satirizando a diversidade de oportunistas e parasitos cariocas que ao cabo reflicten o que pode acontecer en calquera outro lugar. Nesta peza rumorease que un deputado vai ser nomeado ministro e este “ruxe ruxe” é suficiente para que pasen pola súa casa procurando proveito ridículos chupóns que ao saber que vai ser outro o nomeado ministro axiña abandonan ao ministrable.

No ámbito do teatro poético-alegórico o autor presentas aos deuses olímpicos dialogando, en perfectos e dificultosos versos alexandrinos, sobre a tentación de converterse en humanos para conquistar varias deusas humanizadas.

A comedia histórica-ficcional, localizada en 1545 na corte lisboeta de D. Joâo III, conta o desenredo dos amores palacianos de Camôes e de D.Catarina de Ataíde.

A comedia burguesa Nâo consultes médico enfronta, por dicilo así,  o saber científico e a experiencia vital no ámbito amoroso recomendando  que no caso de enfermidade amorosa non se debe consultar a un médico se non que se debe consultar a quen teña estado doente.

Lição de botánica consensual e indubidabelmente é considerada a súa mellor e máis completa comedia.

Na peza pásase revista dos espazos domésticos e das personaxes da “boa sociedade”, como se fósemos espectadores-visitantes dos tempos e costumes derivados da consolidación dunha cultura urbana carioca, dunha elite afrancesada, afastada das cidades dos suburbios , dos negros e dos pobres coas que non teñen nada que ver.

Nunha mansión do barrio carioca de Andaraí, entra don Sexismundo de Kernoberg, botánico sueco, que ven pedirlle a D. Leonor que impida a entrada do seu sobriño Henrique na casa pois os seus amores con Cecilia motivarían o seu desvío do celibato e do retiro necesario para mellor servir á ciencia botánica. D. Helena a irmanciña viúva, decide e consegue conquistar a un indeciso Sexismundo demostrándolle que ciencia e matrimonio son compatibles e convenientes pois o barón ten como ponto de fé que a ciência nâo se dá bem com o matrimónio.

A Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’ foi constituída sobre a doazón que, en 1996, realizou o intelectual galego Francisco Pillado Mayor á Universidade da Coruña. Esta colección depende, no ámbito científico, da Sección Departamental de Galego-Portugués do Departamento de Letras e, no ámbito técnico, da Biblioteca Xeral da UDC.

A Biblioteca-Arquivo ten a súa sede na biblioteca da Facultade de Filoloxía. As dúas unidades en que está estruturada a entidade (Arquivo e Biblioteca) contan con cadanseu espazo exclusivo dentro desa dependencia e os fondos de ambas están integrados no catálogo xeral da Biblioteca da UDC.

Alén da provisión e manutención destes dous repositorios, a Biblioteca-Arquivo ‘Francisco Pillado Mayor’ publica desde 1999 unha ambiciosa colección -organizada en diferentes series- de documentos, textos teóricos, pezas teatrais e traballos académicos especializados sobre títulos dramáticos galegos e portugueses, ben como de calquera outra tradición teatral -achegando estes últimos en edición bilingüe. Desde 2017, mantén abertas tres coleccións (a Serie Azul, a Serie Verde e a Serie Branca) dedicadas respectivamente á Literatura teatral galega, á Literatura teatral en lingua portuguesa e á Literatura teatral noutras linguas.

“El teatro es la poesía que se levanta del libro y se hace humana”. Estes versos de Federico García Lorca son os que inspiran o labor docente e artístico da autora.

Por que limitarse a coñecer e crear só desde a mente, dun xeito estático, se somos tamén corpo, voz, acción e movemento? A resposta que da Rosalía a esta cuestión é o estudo teórico-práctico, derivado da súa tese doutoral, sobre a conveniencia de usar a expresión dramática e teatral como ferramentas pedagóxicas para a aprendizaxe de linguas no ensino secundario.

A  investigación empírica sobre estes presupostos teóricos levouse a cabo no Instituto Xelmírez 1 de Santiago de Compostela no segundo trimestre do curso 2013-2014 co alumnado de 1º da ESO nas áreas de lingua e literatura galega e lingua e literatura  castelá.

Os obxectivos do programa didáctico foron os seguintes:

  1. Mellorar a capacidade para empregar de maneira correcta e adecuada os recursos verbais do galego e do castelán para expresar ideas e sentimentos e para interaccionar de xeito eficaz con outros interlocutores.
  2. Facer uso dos recursos non verbais idóneos para expresar conceptos, sentimentos e estados de ánimo e para interaccionar de xeito eficaz con outros interlocutores.
  3. Reforzar actitudes de desinhibición, autoestima e valoración das capacidades comunicativas propias. Así como de cooperación en tarefas comunicativas grupais.
  4. Promover unha educación en valores e inclusiva, que resulte integradora e favorable aos principios democráticos.
  5. Contribuír a superar estereotipos sociolingüísticos e á valoración das dúas linguas oficiais de Galicia e das súas variedades internas.
  6. Fomentar a implicación e o interese do alumnado na actividade académica e nas tarefas escolares.

O libro inclúe un documental audiovisual sobre a experiencia pedagóxica  e creativa.

Rosalía Fernández Rial (Carballo 1988) é escritora, licenciada en Filoloxía e doutora en Didáctca das Linguas e da Expresión Dramática pola USC. Durante toda a súa etapa académica conxugou a profesión literaria e a investigación nas áreas citadas cunha intensa formación teatral e a docencia no ensino universitario e secundario. Neste último ámbito levou a cabo diversos programas de intervención pedagóxica empregando a expresión dramática e teatral como utensilios para o ensino e a aprendizaxe de linguas. Como poeta, ten publicados diferentes libros individuais entre os que destacan: En clave de sol (Lumieira,2009) Átonos (Lumieira 2011), Vinte en escena ( Ed.Positivas 2012), Un mar de sensacións (Semescom2012),Ningún amante sabe conducir (Ed.Positivas 2014) ou Sacar a bailar (2016)

A autora de Aulas sen paredes tivo a xentileza de dedicar o libro: “Para o Fondo Teatral María Casares, pola forza teatral, dramática/ que agochan/ os personaxes/ das súas páxinas sen fin!” (Cangas, 5 de xullo de 2019).

Historia del arte escénico

Historia del Arte Escénico a través de siglos, épocas y edades

de Enrique Ruelas Espinosa

Redacción e edición Edgar Ceballos. Escenología ediciones. México 2012.

Boal conta Boal

Boal conta Boal

de Joan Abellan

Institut del Teatre. Diputació de Barcelona, 2001.

O rescate destes documentos manuscritos, redactados polo autor para os  seus alumnos do Instituto Cinematográfico Teatral de Radio e Televisión, brinda a oportunidade de estudar as diversas épocas e estilos da creación escénica desde as manifestacións primitivas até o Renacemento e o Barroco.

É un texto que ademais da arte teatral presenta un amplo panorama doutras diversas expresión artística como a mímica, o ritmo para arribar á danza, a música, o canto, a pintura, a palabra e ao cabo a literatura. Manifestacións humanas que se van entretecendo para converxer no rito e logo en formas teatrais máis estruturadas.

A parte disto  o autor enmarca as artes escénicas dentro do contexto histórico no que se orixinan facendo fincapé nas influencias que se van xerando a través da expansión colonial, as guerras, o comercio e os cambios relixiosos.

Como bo creador teatral, detalla profusamente espazos, máscaras ou maquillaxe, vestiario, tendencias interpretativas e maquinaria escénica que, xunto coas imaxes que ilustran cada capítulo, así como cos exemplos literarios enmarcados dentro da estrutura da obra, espertan a imaxinación de quen se achega ao texto  para que se forme unha vívida imaxe  do acontecer teatral de cada período.

Mención especial merecen os capítulos “Medievo en Finisterra” e “Barroco novohispano” achega importantísima do autor xa que, a diferencia dos tratados de historia do teatro universal, debidos maiormente a investigadores europeos ou estadounidenses que non teñen en conta a Latinoamérica, Enrique Ruelas inclúe as distintas manifestacións dramáticas que tiveron lugar, durante os anteditos períodos en México.

No primeiro dos capítulos citados recrea as escenificacións iniciais levadas a cabo no territorio conquistado que culminaron co chamado Teatro de Evanxelización, así como as loas, entremeses e outros divertimentos que entretiñan aos recen chegados españois. Cabe subliñar a inclusión de fragmentos do Auto do xuízo final do franciscano Andrés de Olmos na súa lingua orixinal, o náhuatl, coa súa correspondente tradución ao español.

Sobre o Barroco novohispano destaca o teatro organizado polos xesuítas, a presencia de autores peninsulares e tamén de compañías teatrais que chegaron a México e moi especialmente os atrancos que sufriron os dramaturgos crioulos para ver representadas as súas obras.

O autor Enrique Ruelas Espinosa ( Pachuca. Hidalgo 1913- Ciudad de México 1987) foi  profesor, guionista de cine, dramaturgo e director teatral. Impartiu  cátedra na Universidade de Guanajuato e na Universidade Autónoma de México (UNAM).

En 1952 fundou o Teatro Universitario de Guanajuate (TUG) e ao ano seguinte representou os Entremeses Cervantinos en prazas desta cidade onde participaron estudantes da UG e xente do pobo. O traballo incesante de Ruela favoreceu un cambio social e económico nesta cidade mineira converténdose nunha das capitais culturais de América Latina.

Xunto a Fernando Warner e Rodolfo Usigli fundaron en 1959 a Licenciatura Dramática e Teatro, a facultade de teatro máis antiga de México.

O libro está concibido como un diálogo entre Joan Abellán e Augusto Boal explorando as ideas deste e a súa importancia no mundo do teatro e da pedagoxía.

Boal, director e teórico brasileiro creador do Teatro do Oprimido, recibiu o  Premi d’Honor de 1997 do Institut del Teatre pola influencia que tivo na constitución dun teatro verdadeiramente alternativo, comprometido coa realidade social e coa captación dun novo público.

Volver a inventar o teatro, un dos títulos sobre os que se estrutura ese diálogo con Augusto Boal e a súa obra, sirve de presentación. Naceu en Rio de Janeiro no ano 1931, escribe desde moi novo, vaise doutorar en Química e estuda Dramaturxia en Nova York. Aos 25 anos comeza unha carreira profesional no teatro da que pode dicirse que foi beneficiosa para as sociedades que a pagaron.

Os froitos da colleita boaliana (é dicir Teatro do Oprimido, Arco Iris do Desexo, Teatro Lexislativo, etc.) hoxe son utilizados como maná nos ámbitos do traballo social que procura mellorar as condición de vida das persoas e dos seus problemas.

Co denodo do investigador, Augusto Boal levou sempre o seu traballo con espírito científico de laboratorio capaz de imaxinar o inexistente, de combinar elementos e de perseguir con perseveranza e paciencia a comprobación das súas hipóteses.

É certo que nestes tempos o verbo “experimentar” chegou a formar parte da linguaxe común nos contextos máis diversos. O ámbito artístico, por exemplo, o utiliza a miúdo como etiqueta dunha categoría estética asociada á noción de vangarda e de modernidade. Algo semellante acontece co termo “alternativo” o cal, grazas á insistente e arbitraria utilización nos contextos máis diversos e distantes, está entrando tamén nunha crise de identidade.

Non é este o caso ao falarmos do traballo de Boal, un contexto no que os termos “experimental” e “alternativo” aplicados ao teatro toman o seu significado funcional máis primario.

O labor artístico e pedagóxico de Augusto Boal debemos situalo, efectivamente, dentro do universo desa nobre e imprescindible actividade do ser humano pola súa supervivencia, como é a experimentación. E pide tamén ser aliñado sen ningunha prevención no campo da arte alternativa, entendida plenamente no sentido de pescuda de novas posibilidades coas que poder cambiar o estabelecido.

Augusto Boal foi  un experimentador nato da materia dramática que dedicou   gran parte da súa actividade a procurar incansablemente novas formas de teatro coas que intentar ofrecer unha mellora tanxible para a vida da xente. Un labor orixinal feito cunha mestura de utopía e pragmatismo abondo explosiva que achegou ao mundo uns xeitos peculiares de entender e utilizar o drama escrito e a súa representación para ensinar ás persoas  a pensar e expresarse libremente.

“Interésanme todas as formas de teatro que liberan ao espectador. Que o fan protagonista da acción dramática e, como tal, lle permiten intentar solucións para a súa liberación”. ( Augusto Boal. Teatro del Oprimido).

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.