Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC Boletín Informativo nº 28

Abril- maio- xuño 2023

Velaquí unha nova edición, o número 28, deste Boletín Informativo, que coincide coa primavera e a entrada  do verán.

Este trimestre e o vindeiro, imos dedicarllo á difusión dunha pequena xoia esquecida que hai á disposición do público  no FTMC da Biblioteca Pública de Cangas: A hemeroteca teatral.

Nos seus andeis poderedes consultar revistas de teatro editadas na actualidade como Artez ou Primer Acto mais tamén outras xa desaparecidas como El Público ou Escaramuza.

Nesta primeira entrega presentamos Art Teatral editada en Valencia, Pipirijaina de Madrid, CasaHamlet de Galicia e Artistas Unidos de Portugal.

Art Teatral Boletín FTMC 28.

ART TEATRAL

Cuadernos de minipiezas teatrales, nº 7
de Eduardo Quiles (director)

Valencia, 1995.

Pipirijaina.

Pipirijaina (1974-1983)

Historia, antología e índices.
de Centro de Documentación Teatral

Madrid, 1999

O seu primeiro número, aparecido en 1987, xa foi concibido para dar a coñecer pezas breves de diferentes autoras e autores, acompañado de breves ensaios e adobiado primorosamente coa colaboración de variados artistas plásticos. Este suxestivo e interesante formato, un diálogo artístico a tres bandas, mantívose ao longo de toda as súas edicións sempre atendidas   coa sensibilidade e intelixencia de Eduardo Quiles e a xenerosidade de moitas colaboracións que fixeron posible este proxecto.

Este nº 7,un monográfico sobre o teatro francés, edita textos de Samuel Beckett: Ir y venir; de Enzo Corman: Exilios; de Jean Claude Grumberg: Michu; de Eugène Ionesco: Una joven casadera; de Armando Llamas:

Trailer; de Valère Novarina: Vosotros que habitais el tiempo; de Michel Simonot: Basta con que haya mar; de Louis-Charles Sirjaco: Las sirenas; de Jean Tardieu: La consagración de la noche  

e de Michel Vinaver:El último sobresalto.

Outros número monográficos están dedicados ao teatro norteamericano, argentino, andaluz, valenciano, mejicano, portugués, galego e un especial feminino.

O número 9, dedicado ao teatro galego e coordinado por Dolores Vilavedra, recolle pezas breves de Eduardo Blanco Amor, Lino Braxe, Armando Cotarelo, Manuel Lourenzo, Alvaro Cunqueiro, X.Mariñas del Valle, Otero Pedrayo, Xesús Pisón, Euloxio Ruibal e Roberto Salgueiro.

Art Teatral é membro fundador da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do Teatro Mediterráneo xunto as revistas Isad (Túnez), Revista Galega de Teatro (Galicia), Primer Acto(Madrid), Primmafila(Italia), Escena(Catalunya),The Manoel(Malta) Frakcija(Croacia) Scena(Yugoslavia).

Pipirijaina foi unha revista dedicada ao teatro creada en 1974 en Madrid e dirixida por Moisés Pérez Coterillo. Constitúe, xunto con Primer Acto, Yorick e El Público- estas dúas últimas xa desaparecidas-unha das mellores fontes de documentación teatral escrita en España durante a segunda mitade do século XX.

Tivo dúas etapas. Na primeira etapa (marzo-setembro 1974) publicáronse sete números e alternou a dedicación aos colectivos   do nomeado Teatro Independente como Tábano, Los Goliardos, Els Joglars, Esperpento…coa información das estreas importantes no teatro comercial como no Teatro Independente. Tamén lle prestou atención á reflexión teórica sobre a esencia do movemento independente e os seus elementos constitutivos.

Na segunda etapa, o director Moisés Pérez Coterillo e a súa equipa quixeron plasmar explicitamente cales eran os obxectivos e pretensións da publicación: ser un instrumento de intervención en el sector teatral desde a perspectiva dunha democracia sen recortes.

Pipirijaina foi unha revista totalmente arraigada nas coordenadas históricas, políticas e sociais da vida española e sufriu os mesmos  avatares que a sociedade española durante a chamada Transición política.

Esta decidida orientación crítica e claramente de esquerdas viuse dabondo corroborada ao longo da súa traxectoria cos numerosos artigos de política teatral nos que a posición da revista non admitía dúbidas.

Casahamlet.FTMC. Boletín 28

CasaHamlet

Revista de Teatro, nº 6. Monólogos.
de CasaHamlet

A Coruña, maio de 2004.

Artistas Unidos

Artistas Unidos

Revista Semestral
de Compañía Artistas Unidos

Lisboa, Junho 2006. Número 16.

 O Estudio Teatral CasaHamlet de A Coruña, creado por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández en 1998, decide levar adiante a edición dunha revista co mesmo nome, de periodicidade anual e contando sempre co patrocinio da Deputación de A Coruña. O seu primeiro número aparece en 1999 editándose catorce en total até a súa desaparición en 2012 sempre coa dirección  de Francisco Pillado Maior.

Deseñada con primor, en lingua galega, a súa concepción ten certa semellanza con Art Teatral no sentido de que vai recoller textos breves, teoría e ilustracións de artistas plásticos de Galicia.

Sempre arredor dun tema: Cunqueiro, Teatro histórico, A cidade, Personaxes, Xesús Pisón, O amor, Hamlet, Dramaturg@s… E este que salientamos: Monólogos.

No seu editorial, dedicado  a Luísa Villalta, podemos ler: Como forma teatral, o monólogo, é unha clase de discurso que por ir dirixido a un interlocutor ausente ou a ninguén en particular, tampouco busca a réplica; a resposta do outro non é o seu obxectivo…

Velaquí a finalidade deste monográfico, analizar o tema por dentro e por fóra!

Teremos a oportunidade de ler creacións de Xabier Abalo, Raúl Dans, Lois diéguez, Isaac Ferreira, Xosé Manuel García, Joâo Guisan Seixas, Xavier Lama, Manuel Lourenzo, Xoán Carlos Mejuto, Chus Pato, Jacobo Paz, Gustavo Pernas Cora, Xesús Pisón,

Henrique Rabuñal, Euloxio R. Ruibal, Roberto Salgueiro, Carme Sotelo e Natalia Sueiro.

Unha trintena de artistas plásticos colaboran neste número entre os que citamos ao azar: Fina Pita, X.Vizoso, Sofía Falero, Sabela Baña, Alberto Campo…

Un auténtico pracer para quen lle guste a plástica e o teatro: ir pasando lentamente as follas e ir lendo.

E para saber máis… teclear en google o nome do artista descoñecido!

A revista está vencellada á Compañía Artistas Unidos de Lisboa fundada por Jorge Silva Melo en 1995. Esta compañía ademais da produción de espectáculos e da publicación da revista tamén edita a magnífica colección de “Livrinhos do Teatro”

Jorge Silva Melo, actor, dramaturgo, cineasta e docente está considerado como un dos fundadores do teatro contemporáneo luso.

 Andamos sem norte, entre hipóteses de traballo,salas que se nos fecham, salas de ensaio que perdemos, armazéns, e muito fartos disto tudo. E desse desnorte nos fala este número da revista. Ao cumplirem-se 4 anos depois do despejo brutal de A Capital, o que ficou de projecto que tínhamos?…Preguntamo-nos e nâo temos resposta. Mas continuamos.

Iso é. Contra vento e marea foron teimosos e souberon manter a nave de  Artistas Unidos.

Este número 16 que ofrecemos inclúe dous textos:  Ao Olhar para Ti ( Renascido) de Novo e A ilha de Deus de Gregory Motton.

A edición de textos xamais faltou en cada número da revista. Como exemplo só citaremos algúns: Morrer de José Vieira Mendes a partir de Arthur Schnitzler; Agá, O Pioh  de Mark O Rowe; Pele de Shara Ken; San Diego de David Greig; Maio de 43 de Davide Ente; Zoo nocturno de Michel Azama; E depois( Bal-Trap) de Xabier Durringen; Uma noite na montanha de Christophe Pellet; Icone de Gerárd Watkins, etc.

A temática dos sumarios é moi variado mostrando, se acaso, un especial interese  polo teatro europeo: O teatro escocés, Sarah Kane, Beckett,  o teatro francés, o teatro italiano, Brecht…

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.