Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC Boletín informativo #21

Comunicámoslle a todas as persoas interesadas que a partir  deste número  vinte e un, a periodicidade do Boletín será bimensual.

Abrimos con dous libros de mulleres galegas, unha dramaturga e actriz a outra, xa falecida, mais de feliz memoria no teatro galego.

Nos andeis do FTMC da Biblioteca Pública de Cangas é posible atopar auténticas alfaias bibliográficas. Esta que agora salientamos forma parte dun tesouro sobre o teatro popular portugués.

E seguen as presentacións cun libro que indaga sobre as relacións entre filosofía e traxedia para rematar cun dramaturgo francés do século XVIII.

Agorafobia

Parálise sobre o medo
de Clara Gayo

Ultratextos. Grupo Chévere, 2005. Santiago de Compostela.

Marisa Soto: a voz máis humana

de Edición a cargo de Rosa Álvarez, Lino Braxe, Mabel Rivera

Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 1999. Santiago de Compostela.

Seleccionada nos IV Encontros de Creación Contemporánea en Magalia. 2009.

Agorafobia é un conxunto de 9 textos precedidos por sendas Didascalias ou Acoutacións, acompañados algúns con fotos en branco e negro da actriz, en escenas relacionadas co propio texto e que afectan na interacción co mesmo. Fotografías que motivan o traballo escénico. Remata con Glosario a xeito de Epílogo no que se definen máis dun cento de fobias posibles.

Agorafobia fala do amor, do medo, da morte, do sentido da vida e da responsabilidade, do sexo, da espera e do fracaso, especialmente do fracaso. Os personaxes falan desde a súa verdade e os seus conflitos. Son monólogos breves ou diálogos que aínda que teñen un fío condutor común, ben se poden abordar independentemente. Todo o que pasa sucede máis no que contan que no que fan as persoas que falan, o que importa son as súas voces e a súa presenza escénica.

Mais hai tamén unha ampla variedade, tanto nas temáticas como no contido dos propios textos, que poden versar sobre un momento concreto e as divagacións en relación coa cuestión a tratar, tal e como pasa en “Metátese da espera”; ou ben poden contar toda unha historia co seu comezo, nó e desenlace, que aínda sendo esta unha estrutura non moi frecuente na escrita de Clara Gayo, pode atoparse no texto “O francotirador”.

O que si se mantén constante é a linguaxe coloquial, directa e áxil, incluso con algún castelanismo; seguramente nun intento de reflectir a linguaxe que se escoita no día a día, na rúa. O caso é que tristemente, hoxe na rúa, o máis frecuente non é que a xente fale galego, con ou sen castelanismos. Así que é ben que a arte axude a que a sociedade vaia cara unha realidade o máis positiva posible.

Clara Gayo é unha artista polifacética: autora, directora, actriz e creadora audiovisual.

Coa súa obra, “Evasión”, gañou o Premio do Xurado na 9ª edición do “Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico”, da Radio Galega. 2005.

Esta é unha publicación que ten como fin lembrar e homenaxear á actriz Marisa Soto ao ano seguinte da súa despedida.

Comeza cunha memoria da súa vida dende nena, feita por Lino Braxe a xeito de presentación. Continúa cun texto, tal vez o máis extenso do libro, de Anxo Rei Ballesteros, que afonda en como era a súa personalidade e como esta se reflectía no seu traballo de actriz. Fai fincapé en varios aspectos a destacar de Marisa Soto, tales como a súa intelixencia, o feminismo e o seu compromiso coa lingua galega.

Curiosamente, ningunha das dúas persoas que comezan facendo lembranza da actriz a poden lembrar hoxe en día, o mesmo sucede con algunhas persoas  máis que ao longo do libro lle dedican unhas palabras. Cousas do tempo e a fatalidade!! “Palabras dos que a aman”, que é a seguinte parte do libro, vén seguida de “Poemas e cancións”.

Continúa cun álbum fotográfico da Marisa actriz, desde a idade escolar ata os últimos traballos nos que participou.

Seguida do apartado “Figurinos, debuxos e programas”, no que destaca un debuxo que lle dedicou Carlos Alonso, mais hai tamén deseños de vestiario, escenografía e carteis.

Remata cun amplo currículo, a pesares da súa prematura marcha, e a foto do teléfono d’A voz humana, de Jean Cocteau. 1991.

Este é un libro moi ameno de ler e moi interesante, pois permite afondar na biografía dunha persoa concreta, mais ao mesmo tempo, a través das diferentes voces que van aparecendo podemos facernos unha idea do teatro en Galiza e de boa parte dos profesionais do mesmo durante os anos 80 e 90.

É unha lectura que ben se pode recomendar para secundaria, en parte para dar a coñecer a Marisa Soto, quen ademais lle dá o nome ao Premio de Honra da Asociación de Actores e é bo saber cal é a causa das cousas, máis tamén polo valor literario dalgunhas das lembranzas que se poden ler ao longo do libro.

Teatro Popular Portugués

Trás- Os- Montes II 
de Azinhal Abelho

Editora Pax. Braga 1969.

Tragedia y Filosofía

de Walter Kaufmann

Ed. Seix Barral. Barcelona 1978.

Joaquim Azinhal Abelho (1911-1979) poeta, cineasta, tradutor, fundador de diferentes grupos de teatro  e investigador recolle neste volume  textos de autos, dramas e entremeses representados pola Terra de Miranda, territorio portugués  con cultura e lingua propia no noroeste da península ibérica que fai  fronteira con España.

Cada unha destas pezas vai precedida por unha breve introdución e substanciosos comentarios. A  primeira delas é unha versión popular portuguesa  do coñecidísimo romance castelán “Los siete Infantes de Lara” que aquí leva por título  Auto da vida do conde Fernando Gonçalves e dos Sete Infantes de Lara que foran criados nos povos seguintes: Parada de Infançoes, Vila Boa, Pinela, Failde, Carocedo, Paredes e Grijo. 

O texto representado en Parada, comeza co episodio fatalista de nacemento de sete fillos de mesmo parto e do afogamento destes infantes botados ao rio e salvados a tempo pola intervención casual do pai.

Polo demais sorprende o comentario de Juan Schroeder adaptador do romance para a representación en 1966 da  Compañía de Teatro Clásico dirixida por Adolfo Marsillach.

Schroeder contempla a obra como unha traxedia grega, escoita ecos de Shakespeare e mesmo nalgunhas escenas atopa semellanzas con Strindberg, O´Neill e Brecht. Todo un convite e un reto para achegarse e ler, neste volume, o Auto dos Sete Infantes de Lara.

O drama de Inês de Castro. Cantores e cronistas, poetas e dramaturgos da varias épocas  e escolas inmortalizaron e celebraron a Inés de Castro, a nobre galega amante do Infante  Pedro de Portugal  ”a que despois de morta foi rainha”.

En todos os lugares de Portugal, despois do Nascimento e da Paixâo de Cristo, a Castro  é a obra máis representada dentro do repertorio de Teatro Popular que corta, engade, modifica o texto conforme as circunstancias e fai a representación nos adros ou nos alpendres das poboacións rurais.

Auto da pastora. O tema dunha nena a gardar o gando ten sido glosado dun xeito  lírico na tradición bucólica portuguesa. Neste caso, a pesar de seguir a regra do lirismo, convertese nunha alegoría dramática. Vai ser un señor da cidade quen vai traer a perdición dunha cándida pastora.

De certo que a paisaxe rural trasmontana, áspera e dura, é a fonte inspiradora e o motivo deste auto popular. O texto foi  recollido nos arquivos orais das Terras de Miranda do Douro, algures na Póvoa, onde foi levado a escena.

Confissâo do marujo  Hoxe, por motivos varios e sobre todo debido a emigración, xa non se celebran autos populares, relixiosos, dramáticos ou cómicos na rexión de Miranda do Douro. Por certo, algo semellante ao que ven acontecendo tamén na Galicia interior coa perda das representacións dos “entremeses”, “os desafíos”, “os cantares de reis” e outras expresións populares.

A Confissâo do Marujo é un celebrado  “colóquio”- así  son nomeadas estas representacións en Póvoa- que se celebraba o 26 de decembro festa litúrxica de San Estevo. Había un director ou “regrador”que distribuía os papeis conforme ás posibilidades dos “coloquiantes”, ensaiaba e mesmo facía de apuntador.

As “profecías!”- a presentación do “colóquio”- son orixinais e eran feitas por curiosos que “encarreiravan bem as palavras e sabiam enversar”. Velaquí un exemplo: “ Povo reunido em tâo lindo doupresso/Neste lugar com tanta simpatia/ Bem-vindos sejais á nosa festa/ E Deus infunda em vós infinita alegria/

A obra que vamos representar/Pra o povo melhor compreender/ É a confissâo dum marujo/ Mandado por sua mulher”.

O texto- recollido en Ifanes de Miranda do Douro-  ven sendo unha comedia forte, ambivalente, de contrastes, crítica e parodia da confesión, fácil de seguir moi ao gusto da xente.

Entremés de comédia de  Jacobino. O texto deste entremés está recollido nos arredores de Vimioso. É unha comedia divertida e alegre, de crítica social e sen grandes dificultades para ser entendida dentro do ambiente cultural de quen asistía a súa representación.

No seu reparto, sempre integrado pola veciñanza como é típico nestas representacións, non pode faltar a figura do “tonto” dicindo bobadas en verso, referidas a feitos acontecidos na rexión ou na mesma vila que polo seu contido tórnanse en motivo de crítica social. O tonto encargábase de darlle orixinalidade e graza de tal maneira que divertindo a todos ninguén se sentise aludido.

Máscaras e Mascarados  O divertimento das máscaras e dos mascarados constitúe unha representación ben expresiva, con aspectos teatralizados, na rexión de Trás-os- Montes.

Recrease este pobo no calendario das súas festas con modos sarcásticos e patéticos onde a máscara xorde non só nos tradicionais días de Entroido mais tamén fora deles tomando nomes variados en diversas e diferentes localidades: Chocalheiro, Careto, Mascarâo, Zanzarrâo, Farândolo, Sécia, Velha, Mascarinha, Diabo e Morte.

As longas as noites de inverno permiten e suxiren unha orxiástica imaxinería. As grandes verdades, os grandes monstros, as grandes mofas, os grandes temores aparecen figurados na Morte, no Diaño, nos pantasmas, no Chocalleiro- un home transformado en bicho- na Vella…

Acaecen así esas figuras sobrenaturais dotadas con poderes cósmicos. Os rituais de encantamento, as loitas antagónicas, os misticismos étnicos, os risos, as penas, e as pregarias lúdicas serven de motivo a tais alegorías plásticas e teatrais simbolizando as actitudes da muller fronte ao home, a morte diante do home, do medo envolvendo ao home ou dun lobo fronte ao home. Será un xogo grotesco, farsante e dramático mantido por vellas usanzas e signos ancestrais.

Din os antigos que a máscara era un rostro emprestado por un deus. Así nos aparece este recurso do teatro como expresión animista onde a metamorfose muda o rostro dos personaxes  desde o riso até as bágoas. A máscara era pois logo un comportamento sacro do grande Teatro. Tamén o Teatro Popular adaptou esta rúbrica escénica.

Entre as varias e suxestivas narracións que se recollen no libro, escollemos como exemplo e resumindo, a descrición do Careto de Valverde no concello de Mogadouro.

Das diversas mascaradas  de Trás-os-Montes, recóllense testemuños do Farândolo en Bemposta, do Zangarrâo en Fornes, do Careto en Valverde e noutras aldeas do concello de Bragança.

Rematemos aquí o comentario deste libro sinalando a evidencia das afinidades e semellanzas destas máscaras trasmontanas coas de Galicia e doutros lugares de Europa como moi ben ten estudado Julio Caro Baroja.

Tragedia y Filosofía é unha das obras máis orixinais do autor   precisamente por tratarse dun tema que corresponde ao enfoque que, como pensador, é propio de Kaufmann e que se manifesta en todos os seus escritos. É un exame do fenómeno do tráxico partindo das diversas perspectivas do pensamento filosófico desde Aristóteles até Schopenhauer e Nietzsche.

A superación de toda visión unilateral e especializada- filolóxica ou literaria- permítelle unha redefinición  dos elementos constituíntes da traxedia e un estudo exhaustivo das diversas formas nas que se manifestou ao longo da historia.

Mais este intento que podería quedarse nun mero exercicio académico, nun estudo máis para incluír nos andeis das vellas biblioteca de literatura, ven matizado pola sensibilidade e cultura de Kaufmann que nos leva ao mundo da traxedia grega e isabelina, formulando unha meditación sobre os temas fundamentais do pensamento contemporáneo: arte e razón, vida e morte. Dionisios e Apolo enfrontados de novo.

O propósito do autor ao longo da súa pormenorizada investigación é demostrar que os filósofos a partir de Platón mostraron unha clara incomprensión do fondo sentido do tráxico. A razón, semella dicirnos, é incapaz de abarcar as complexidades do corazón humano, a ilimitada capacidade do ser humano para a angustia, o sufrimento e a súa nobreza heroica.

Segundo Lourdes Ortiz,  fronte ao concepto de “hamartia” aristotélico que inspirou a maior parte  das análises sobre a traxedia, Kaufmann demostra que o personaxe tráxico non leva en si mesmo unha mancha ou un pecado que explicaría o seu terrible desenlace. Edipo, Antígona o Electra teñen a virtude do orgullo, esa virtude homérica repudiada despois por toda a teoloxía cristiá da resignación.

Compre engadir que neste libro préstaselle unha especial atención ás creacións contemporáneas analizando as obras de Jean Paul Sartre, Rolf Hochhuth e Bertolt Brecht.

El triunfo de Pluto. La reunión de los amores.

de Pierre C.C.de Marivaux

Edición de Claudia Pena. Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España. Serie Literatura Dramática. Nº 116.

Marivaux recrea nestas dúas comedias as aventuras dos deuses clásicos, para mergullarnos na indagación da esencia humana e a defensa da súa diversidade.

O desafío entre Apolo e Pluto polo amor de Aminta é a orixe de El triunfo de Pluto. Fronte a confianza do primeiro nos seus encantos físicos e artísticos, o segundo fía na súa opulencia e no materialismo o logro dos seus obxectivos.

A rivalidade centra tamén La reunión de los amores na que Amor e Cupido discrepan, póñense en ridículo e compiten para obter o seu posto no Olimpo.

Só a sabenza, a prudencia o afán pacificador e a capacidade de loita de Minerva poderá concluír con harmonía a súa eterna discordia, como emblema das calidades da muller moderna que presenta Marivaux.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.