in

No confín de… Diego Vázquez Meizoso

Diego V. Meizoso
Diego Vázquez Meizoso é xestor cultural especializado en artes escénicas. Xerente da asociación de compañías profesionais Escena Galega, coordina o proxecto Camiño Escena Norte de intercambio cultural entre Galicia, Euskadi, Asturies e Cantabria.

 

O libro que tes sobre a mesa de noite.

Mudo mesa de noite por mesiña a carón da butaca de ler, cun gato no colo e o outro sobre o respaldo. Estes días móvome entre unha relectura de Fosforescencias de Lupe Gómez, La Herencia de Vigdis Hjorth e Operación Dulce de Ian McEwan. Non sei por que, pero danme equilibrio estas lecturas nestes tempos tan difíciles.

A túa banda sonora destes días.

Para min a voz cantada é algo terapéutico. Isto ten unha explicación científica sobre os harmónicos e frecuencias de certas voces que nos producen un efecto puramente físico de pracer. Estes días escoito moito a unha das miñas sopranos favoritas, Lisette Oropesa. A súa versión de Il dolce suono de Lucia de Lammermoor na produción do Teatro Real en 2018 é un auténtico prodixio.

O último filme que te impresionou.

Estes días volvín ver o documental Chavela, sobre a histórica cantante. Se pode haber unha voz que se defina como telúrica esa é a de Chavela Vargas. O filme, ademais, levoume a revisar a miña película favorita de Pedro Almodóvar: La flor de mi secreto, outra enorme cura de beleza.

A obra de arte na que te perderías agora.


Publicidade

Gustaríame tomar un café na barra do Nighthawks de Edward Hopper, á dereita do tipo do sombreiro. Sen falar, só gozando da noite, da cidade en silencio e da compañía.

A peza que che gustaría ver sobre as táboas.

A Streetcar named Desire (Un tranvía chamado desexo) de Tennessee Williams. Unha peza que, polo de agora, non puiden ver posta en escena, pero que me parece unha das obras máis conmovedora, dura e chea de verdade das que coñezo. Lembro que despois de lela, na carreira, devorei toda a obra de Williams nun mes.

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Un viño con Juan Ramón Jiménez na terraza da súa Casa de Fuentepiña, en Moguer. Se puidese ser na tardiña dun día de setembro, mellor.

Se non foses xestor cultural, serías…

Nin idea. Pero se tivese o talento para ser escritor, gustaríame escribir. Se tivese o talento…

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

NonNosCanceles |

A cultura desenvolve nas redes a campaña #NonNosCanceles

CDV Noroeste |

Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana acada máis de cen mil espectadores coas súas transmisións en directo