Difusión da dramaturxia contemporánea

 

A erregueté – Revista Galega de Teatro aproveita a aparición de cada número da revista para dar a coñecer, por medio de lecturas dramatizadas, os autores e a súa obra, tanto en Galicia coma fóra dela.

Preparamos as lecturas de tal xeito que poidan participar nelas tanto actrices e actores profesionais como afeccionados.

Algúns casos de especial repercusión foron:

  • a lectura na RESAD de Madrid da obra Terra polo medio de Ernesto Caballero, na que participaron intérpretes galegos estudantes de Arte Dramática con dirección de Ricardo Solveira;
  • no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, a lectura do texto Act-Tress, de Xosé Manuel Pazos, con actrices de Teatro de Ningures;
  • na Galería Sargadelos de Ferrol, a lectura por parte de alumnas e alumnos do grupo de teatro do instituto de FP Rodolfo Ucha da obra Os facedores de bonecas, de Belén Roca;
  • na Casa das Campás en Pontevedra o texto Ritos de Sangue, de María Xosé Queizán, polo grupo Avelaíña Teatro;
  • na Biblioteca Pública de Moaña, en colaboración coa Lonxa Literaria, a lectura de O Ogrocho. de  Suzanne Lebeau, na que participou o seu traductor Henrique Harguindey Banet;
  • na Galería Sargadelos de Lugo, a lectura do texto Rexurdimento, de Afonso Becerra, pola compañía Nove-Dous;
  • na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, a lectura de Baile de sombras, de Fran Godón, por alumnas da EMAEC.
  • na Fundación Laxeiro de Vigo, a lectura de O retrato da sibila, de Vanesa Sotelo, en colaboración coa Asociación Cultural O Castro.

 

 

Sibila |
Lectura dramatizada de ‘O retrato da sibila’, de Vanesa Sotelo, en colaboración coa Asociación Cultural O Castro, na Fundación Laxeiro de Vigo.

 


Máis sobre a erregueté | Revista Galega de Teatro: