Revista Galega de Teatro

Publicidade

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín informativo # 13

Xaneiro 2021

Imos continuar neste ano 2021 coa publicación mensual deste Boletín Informativo. O seu obxectivo é duplo: por unha banda, informar sobre as novas adquisicións de libros e revistas de teatro que van enriquecendo o Fondo Teatral María Casares; mais, tamén, lembrar títulos significativos que foron conformando o FTMC ao longo dos últimos vinte e cinco anos. Convidamos a abrir as portas dos números anteriores do Boletín para descubrir a variada oferta de teatro para ler e, por que non, para representar. Todos eles, na Biblioteca Pública de Cangas.

Neste número 13 presentamos como novas achegas: La sorpresa del amor/La segunda sorpresa del amor, A cidade do teatro e Banqueiros. Titiricircus e Pagar el pato son dous títulos que xa formaban parte dos máis de mil libros existentes no FTMC.

La sorpresa del amor / La segunda sorpresa del amor

de Pierre C. C. de Marivaux

Edición de Lydia Vázquez. Publicacións da ADE (2020). Serie Literatura Dramática nº 115 (Castelán).

A cidade do teatro

A cidade do teatro

de António Vitorino, Isabel Môes, Nuno Bernardo, Sarah Adamopoulos, Vítor Cid e Xico Braga

Edición conmemorativa polos 20 anos (1996-2016) da Mostra de Teatro de Almada (Portugués)

Marivaux ( 1688-1763) novelista e dramaturgo, escribe estas dúas obras cunha diferenza de cinco anos. Aínda que leven o mesmo título e ámbalas dúas xoguen cunha situación semellante: o rexeitamento do amor polos protagonistas, pese a que os personaxes descobren, con sorpresa, estar namorados.

Agora ben, se na primeira “sorpresa” a análise do corazón humano leva á conclusión  que non é posible fuxir do amor, a segunda sitúa ao espectador fronte a unha realidade máis crúa: a dunha sociedade que oprime ás mulleres até servirse do amor -máis amor propio que amor ao outro- para mantelas dominadas.

Dúas Sorpresas de diferente gusto nas que Marivaux explora con acidez a natureza e as pulsións que rexen as relacións entre os seres humanos.

Este libro conta e pensa a historia do rico fenómeno sociolóxico que converte a  cidade portuguesa de Almada nunha vangarda teatral en Europa. E faino, percorrendo os contextos histórico, político e social que explican o fenómeno sobre o teatro e as artes performativas nesta poboación, por medio de diferentes colaboracións, entre outras, de Joâo García Miguel: Almada como epicentro criativo; Fernando Jorge Lopes: Um teatro vivo; Rui Cerveira: A Mostra como espelhodo ideal de fraternidade de todo o teatro; Rodrigo Francisco: Ser-se o pâo que se come; Cláudia Negrâo: A Mostra  como palco,plateia e motor criativo; Sofía Raposo: A formaçâo teatral dos excluídos; ou de Sofía Oliveira: Quando a crítica vinha ver o teatro da Mostra.

O volume inclúe unha abundante documentación gráfica -fotografías de salas e espectáculos, reproducións de programas de man e ilustracións de artistas plásticos- e fai a recensión biográfica dos 47 grupos de teatro que participaron na Mostra desde as súa primeira edición en 1996.

Banqueiros

Banqueiros

de VV.AA.

Edicións Laiovento (2012). Teatro. Coordinado por Francisco Pillado Maior

Titiricircus

Titiricircus

de Miguel Borines e Tatán. Ilustracións P. Pastor

Kalandraka Editora (2012)

Parece evidente que cando falamos de “crise”, estamos a empregar un vulgar eufemismo tralo que se agacha un calculado e programado saqueo da mafia financeira internacional para acabar de vez cos logros acadados pola clase traballadora no decurso dos séculos: Seguridade Social, ensino e sanidade públicos, dereito a un traballo digno, vacacións remuneradas… Cruel actualidade!

En Galicia temos grandes autoras e autores de teatro que poden ofrecer unha visión crítica do momento que padecemos. Baixo a coordinación de Francisco Pillado, Laiovento ofrece 20 textos breves de Marica Campo, Ánxeles Cuña, Olivia Pena, María Xosé Queizán, Marcos Abalde, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Vicente Araguas, Afonso Becerra, Lino Braxe, Santiago Cortegoso, Lois Diéguez, Manuel Lourenzo, Zé Paredes, Xosé Manuel Pazos, Gustavo Pernas, Henrique Rabuña, Vanesa Sotelo, Diana Varela, Fidel Vidal e Roi Vidal.

Démoslle pois a palabra a esta xente de teatro. Que se faga o escuro e que a verba máxica da linguaxe teatral nos ilumine e esperte as conciencias afectadas, neste caso, polo virus da banalidade e da avaricia.

Este álbum ilustrado conta a historia de dous artistas dun gran circo exitoso que ven como as cousas se torcen, o circo se arruina e fican sen traballo. Entón, deciden facer un novo espectáculo de bonecos e percorrer mundo na súa vella camioneta, rememorando cos novos títeres os seus éxitos pasados.

As ilustracións son de Pablo Pastor, quen, con acerto e certa estética retro, mestura diferentes técnicas tales como a colaxe, a fotomontaxe e o debuxo. A través das imaxes amosa o apoxeo e o declive do circo, o proceso de produción das marionetas, as viaxes e as actuacións.

Este libro é ideal para traballar en Educación Infantil e Primaria, e pode usarse como pretexto para un proxecto sobre o teatro de títeres.

Tanxarina, fundada no ano 1983, é un dos referentes do teatro de monicreques de Galiza. Unha das súas montaxes máis exitosas e representadas é Titiricircus, espectáculo de rúa que foi estreado en 1988 en Austria e que aínda continúa en cartel.

Pagar el pato

Pagar el pato

de Dino Armas

Publicaciones da ADE (2014). Serie Literatura Dramática Iberoamericana nº 70 (Castelán)

Nesta obra, breve pero intensa, Dino Armas trata os temas do abuso do poder e a loita pola supervivencia a través da relación que se dá entre os protagonistas: Roma e Omar. Todo na peza está moi ben pensado, desde os propios nomes que forman un anagrama coa palabra amor, ata a complexidade dos personaxes, que acaban por mudar os roles de forte e feble nun final sorprendente.

Esta é unha obra dura, que fala dunha forte humillación, do abuso de persoas que non teñen as súas necesidades básicas cubertas e que son tratadas como meros instrumentos.  Ofrece un desenlace aberto e motiva á reflexión sobre a vida en si mesma, a marxinación social e a necesidade de seguir adiante.

Aínda que comeza cun monólogo de Omar e remata cun de Roma, en xeral está formada por diálogos áxiles que atrapan en todo momento o interese da persoa que le a medida que medra o conflito entre os personaxes. A pesar da súa dureza, é unha peza que ben se pode ler en Bacharelato, coa fin de afondar en aspectos da condición humana e que se presta para unha lectura dramatizada.

Dino Armas é un dos máis prolíficos dramaturgos uruguaios, ademais é director de escena e foi mestre de primaria durante 30 anos.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Publicidade
Publicidade
close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.