Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 4

Abril 2020

Estamos xa no mes de abril e aínda estamos confinados nas nosas casas pola pandemia do Coronavirus. Mais xa se albisca o remate do túnel e mentres tanto continuamos resistindo e agardando pola vida que se agocha nos libros de teatro.

Na entrega deste cuarto boletín seguimos informando dalgúns libros especialmente dedicados para a infancia e a mocidade. En particular Teatro por y para niños de Dant Bont, Xogando con gatos de Antón Cortizas (ilustracións de Leandro Lamas) e O Rei Lear. Romeo e Xulieta de William Shakespeare e a versión de Eduardo Alonso/ Cándido Pazó.

Teatro por y para niños

Teatro por y para niños

el niño como autor, decorador, escenógrafo y actor
de Dant Bont

Editorial L.E.D.A. Barcelona. (Castelán)

Xogando con gatos

Xogando con gatos

de Antón Cortizas

VIII Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2014. Ilustracións de Leandro Lamas. Biblioteca Dramática Galega. Agadic. Xerais.

Como sinala o propio título do libro todas as indicacións van dirixidas para que as nenas e nenos sexan quen de facer por si mesmas teatro. A función da profesora ou profesor limitarase a observar a actividade aconsellando cando sexa necesario ou llo soliciten. As orientacións para un obradoiro de teatro de Primaria, van dirixidas á creación de marionetas, decoración de escenarios, de vestiario, de máscaras, collages, etc.

Había unha vez un ogro que roubaba palabras e xogos a unha nena que quería enredar. Mais dúas fadas e catro gatos tentarán anular a acción do o ogro. Conseguirano?

Nesta historia, estruturada en tres actos e un cuarto opcional, hai nove personaxes. Cinco poden ser nenas e tres nenos. E unha gatiña ou gatiño de verdade.

Estamos ante unha obra de teatro- que pode interesarlle sobre todo ao alumnado de segundo e terceiro ciclo de Primaria- que axuda a lembrar a arte de xogar ou para descubrir o xogo popular que aquí vai enriquecido con variados elementos coreográficos e musicais. Introdúcense na trama xogos e textos de literatura oral en que os gatos interveñen como personaxes dos mesmos. Algúns destes textos reprodúcense directamente do patrimonio cultural galego, mentres que noutros o autor realizou algunha transformación para adaptalos ás necesidades da historia que se narra.

Introdúcese na obra a alternancia de escenas de personaxes reais con sombras chinesas, con mimo, con monicreques de corda e con monifates de luva. E un aspecto interesante a ter en conta para a súa montaxe é a posibilidade que ofrece de adaptación pois debido á súa particular estrutura- tal e como o propio autor sinala- algunhas escenas poden ser suprimidas e mesmo se poden reducir algúns diálogos. Déixase todo isto a criterio da dirección de escena. No volume aparecen pentagramas das cancións interpretadas durante a representación.

E compre aclarar que o cuarto acto (opcional) é aconsellable representalo fóra do teatro- no patio de recreo ou na rúa – pois son xogos tradicionais cos que sen dúbida gozará a rapazada… e o profesorado.

O rei lear e Romeo e Xulieta

O Rei Lear. Romeo e Xulieta

de William Shakespeare

Tradución de Miguel Pérez Romero. Editorial Galaxia.

O Rei Lear

de Versión de Eduardo Alonso / Cándido Pazó.

Unidade didáctica experimental. Edita Producións do Noroeste, S.A.

Se no boletín anterior fixemos referencia a este xenial autor inglés comentando a adaptación de Sueño de una noche de verano para que puidese ser representada por nenas e nenos de Primaria, nesta ocasión tentamos subliñar que estas dúas traxedias de Shakespeare: O Rei Lear e Romeo e Xulieta tamén están no FTMC para ser lidas en lingua galega na coidada tradución de Miguel Pérez Romero, insistindo nas posibilidades que ten a lectura do teatro como recurso didáctico.

E velaquí o sentido de citar tamén a unidade didáctica neste caso referida ao texto do Rei Lear.

Aínda que esta proposta didáctica fose especificamente dirixida aos ensinantes de Bacharelato e Formación Profesional que asistisen co seu alumnado á representación que Teatro de Noroeste estreou en 1990, a súa utilidade ben podería superar esa puntual circunstancia.

As súas autoras, Mercedes González González, Mercedes Neira Mella, Anabel Carnero Fernández e Montserrat Fernández Castro propoñen que a partir do texto do Rei Lear se poida realizar nas aulas unha experiencia interdisciplinar relacionando as materias de Historia, Inglés, Literatura e Lingua salvando deste xeito os compartimentos estancos entre os diferentes saberes.

Esta unidade didáctica está aberta para que os ensinantes que teñan ao seu cargo as clases correspondentes poidan axustala ás características dos grupos tendo en conta as idades do alumnado e os seus intereses para empregalos coma estímulos concretos dentro da aula.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.