Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC – Boletín informativo # 7

Xullo 2020

Sétima entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, onde descubrimos recursos relacionados cos títeres tradicionais (Morreu o demo, acabouse a peseta con realización da Asociación Cultural Morreu o demo; co teatro afeccionado (Vinte obras de teatro afeccionado, de Pepe Peinó, con prólogo de Manuel Lourenzo e Ilustracións de Pepe Blanco; coa mecánica da carne do poder (105 PASOS o la mecánica de la carne, de Pedro Fresneda, con prólogo de Julio Fernández Peláez); e coa obsolescencia programada (O Fim do Fim de Joâo García Miguel).

Morreu o demo, acabouse a peseta

de Asociación Cultural Morreu o demo

Urco editora

Vinte obras de teatro afeccionado de Pepe Peinó

Vinte obras de teatro afeccionado

de Pepe Peinó

Prólogo de Manuel Lourenzo e ilustracións de Pepe Blanco. Olelibros.com

Morreu o demo, acabouse a peseta era a frase coa que remataban os espectáculos do último títere tradicional galego. O seu nome Barriga Verde, resoa aínda na memoria de moitas persoas, mais o boneco e as formas daquel espectáculo corren o risco de caer no esquecemento.

Para evitalo distintas iniciativas procedentes dos eidos do audiovisual, do teatro e da investigación únense no Proxecto Barriga Verde co que recuperar o patrimonio titiriteiro galego e poñelo en relación cos estirpe europea dos Polichinelas.

Este libro-DVD é un primeiro achegamento a este mundo, onde os textos complementan as imaxes do documental no que Barriga Verde e os seus parentes europeos cobran vida.

Durante 15 anos e en diversos grupos teatrais, o autor fixo teatro por diversas zonas da provincia de Lugo e o occidente asturiano. Fixo teatro como actor, representando sobre os escenarios unha chea de obras, e tamén como autor, escribindo comedias para os grupos Raiolas, A Maseira, Trípode, e o Grupo de Teatro do Instituto de Ensino Secundario  Alfoz-Valadouro, no que é profesor de Ciencias Sociais.

O teatro que se presenta neste libro é teatro afeccionado, xeralmente cómico, aínda que non exento de mensaxe. Obras de teatro afeccionado, que é a mellor forma de definilas, pero nese adxectivo de afeccionado –manifesta Peinó- non debe verse un ton despectivo, porque o teatro afeccionado é unha forma de teatro máis, diferente ao teatro profesional, pero non inferior.

O libro ofrece 20 obras desta modalidade de teatro, todas comedias, todas representadas en público (algunhas en decenas de ocasións) e moi coñecidas polos concellos da Mariña Lucense, onde principalmente se ofreceron.

En cada unha das 20 obras, atópase unha breve historia de cómo xurdiu o texto, a descrición dos personaxes e as indicación dos decorados.

Obras: Coidadiño no Camiño; A verdadeira historia de Parvo de Cela;  Alí vén o teu pai; Os paramandruscos azuis;  Revolución no ximnasio; A máquina do tempo; A apidemia; A pedreira; O Inimigo Público Número 1; Bruxas, vampiros, trasgos e fantasmas;  O príncipe debe casar;  Cursiño antimachista;  Asasinato na tenda de roupa;  Ladronzuelos no belén; Non volvas, Salustio, non volvas; Cousas de vellos; A caixa de Pandoriña; Diñeiro negro; Deusas; O caldeiro Máxico.

Teatro para ler e para representar por outros grupos de teatro amador .

105 PASOS o la mecánica de la carne

de Pedro Fresneda

Prólogo de Julio Fernández Peláez. Ediciones Invasoras, 2019. (Castelán)

O fim do fim

O Fim do Fim

de Joâo García Miguel

Coleção Trace, 2019. (Portugués/inglés)

Mediante unha estrutura fragmentaria e un discurso directo no que se deixa entrever unha clara intención por establecer un diálogo cos espectadores, Pedro Fresneda da forma a este texto, un dos primeiros do autor, que -como a maioría da súa produción- está  profundamente ligado ao traballo da Compañía Teatro Ensalle de Vigo.

105 pasos é un texto poético, con intención política de denunciar desde a escena, a irracionalidade da mecánica da carne do poder e a súa capacidade para producir sufrimento sen que ninguén poida evitalo.

105 pasos o la mecánica de la carne estreouse en Teatro Ensalle de Vigo o día 11 de abril de 2008 cos intérpretes e creadores Raquel Hernández e Artús Rei. A dirección e iluminación foron de Pedro Fresneda.

Outros textos do autor: La última fila, La maleza, Miniaturas, Imprudentemente deseé, No deberíamos salir nunca de aquí, Las calles corrían por las calles, Después de Camarina y Arar.

O texto forma parte dun proxecto da Asociación Cultural Alma d´Arame e a Compañía Joâo García Miguel. A idea inicial do proxecto é de Amândio Anástasio.

Em o Fim do Fim, Amândio Anastácio e João Garcia Miguel misturan as súas capacidades. O tema é unha tensión indefinida entre dous mundos. O mundo que temos e esoutro que soñamos. En tempos inventamos as linguaxes que nos axudaron a construir o mundo e que agora deixaron de servir. Porque nos impiden mudar. Porque nos aprisionan, limitan os sentidos transformándonos en “informadores” e non en creadores. Coartan o noso sentir, o pensar e o actuar.

Cada día que pasa matamos o espazo común que hoxe se confunde con as redes. As nosas queridas redes son os instrumentos criados por nós os informadores que nos transformamos en victimas felices dunha liberdade agrilloada.

A idea inicial era unha peza sobre o fin premeditado dos obxectos a que se chama obsolescencia programada, unha morte prevista para os obxectos. Aos poucos, sutilmente inducidos para consumir, tornámonos, tamén en obxectos obsolescentes. O fin de todas as cousas é aceptar con alegría que imos ter sempre un obxecto novo e un recomezo.

O texto -que no libro está completo mais que non foi representado na súa totalidade- da voz á vida aprendendo a dicir adeus. As cousas están a mudar. Hai correntes subterráneas que nos empurran. Somos cans que parecemos homes como escribiu Cervantes? pregunta unha personaxe. Somos fillos e froitos de experiencias algorítmicas de empresas innovadoras. Estamos a perder palabras. Cada día un pouco máis. Está todo a modificarse radicalmente. Auuuuuuuh! Temos que aprender a modificarnos tamén. Sentímonos cada vez mellor nesta vida de can….

A estrea -obxectivo fundamental do proxecto- foi o 4 e 5 de outubro de 2019 no Cine teatro Curvo Semedo – Montemor-o- Novo.

Compañía Joâo Garcia Miguel: www.joaogarciamiguel.com

Alma D´Arame-Associaçao Cultural: www.almadarame.pt

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.