Setembro 2020
Novena entrega do boletín do Fondo Teatral María Casares, na que descubrimos o teatro semiprofesional de Porto nas décadas dos 70 e 80; adentrámonos no universo de Antonio Piazza coa novela La actriz; coñecemos o teatro de Xosé Vázquez Pintor da man de Manuel Lourenzo; e repasamos a carreira dunha das grandes actrices da escena e das pantallas galegas, Marisa Soto.