Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Subscribe

Revista Galega de Teatro

FTMC. Boletín Informativo nº 30

Outubro-novembro-decembro 2023

Neste último boletín de 2023 presentamos catro novidades que entraron a formar parte do Fondo Teatral María Casares da Biblioteca Pública de Cangas.

Novidades con temática variada: Investigación sobre a historia do teatro, recreación en banda deseñada da aventura da Sala Nasa de Chévere en Compostela, e tres textos dramáticos contemporáneos.

Boa lectura, bo nadal e que o próximo ano 2024 veña cheo de teatro!

Cadernos PLATTA 6

Cadernos PLATTA, nº 6. Sakura e Koumpounofobia, 

de Sebastián Moreno e Carolina África Martín

Edición trilingüe, 2023.

As Xornadas e Mostras de Teatro de Vigo

As Xornadas e as Mostras de Teatro de Vigo (1972-1979)

O rexurdir da actividade dramática na mudanza de réxime.
de Dolores Miloro

Ed: Biblioteca Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor. Universidade da Coruña, 2023.

Os Cadernos PLATTA nacen directamente ligados ao Premio Platta de Teatro Breve impulsado desde a Plataforma Transfronteriza de Teatro Amador que conforman a erregueté/ Revista Galega de Teatro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Federación de Grupos Afeccionados de Teatro de Castilla e León e o Teatro do Noroeste-Centro Dramático  de Viana do Castelo/TEIA Teatro en Iniciativa Associativa.

O Premio naceu como resposta natural á demanda de textos cos que nutrir os obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas (galego, castelán e portugués) que cada ano se celebran no marco dos festivais transfronteirizos da Plataforma e ten como obxectivo estimular a escrita teatral, promover a súa tradución e contribuír a súa difusión.

Nesta cuarta edición do Premio Platta de Teatro Breve 2023 na que concorreron un total de 86 textos escritos nas 3 linguas  (portugués, galego e castelán) o  xurado decidiu por unanimidade conceder o Premio a  Sebastián Moreno pola obra “[Sakura] La flor del cerezo”.

O xurado destacou o coidado da edición; a linguaxe poética nada sensacionalista que vai deixando preguntas sen dar solucións, e esperta o interese no lector ou lectora activa que descobre aos poucos o que está a acontecer. Finalmente, a división en dous planos da composición: o plano narrativo ofrece moitas posibilidades de xogar co narrador, que fala desde un lugar emocional e ten a liberdade que os personaxes do plano da acción dramática non teñen.

Asemade, e dada a calidade de moitos traballos recibidos, o xurado decidiu conceder un accésit a Carolina África Martín polo texto Koumpounofobia, que comeza con certo humor debido á fobia aos botóns dun dos personaxes, e xira inesperadamente para introducirnos no interior dunha muller que padece un trauma. Tamén destacaron do texto o gran abano de posibilidades dramáticas que ofrece.

Sebastián Moreno (Palma de Mallorca 1985) é Licenciado en Pedagóxía, combina as facetas de autor, actor e director de escena. Desde 2015 é xunto a Raquel Calonge e David Utilla, director e dramaturgo da Cía. La Casquería.

Carolina África Martín ( Madrid 1980) É dramaturga, guionista, directora actriz e docente e produtora-socia fundadora de La Belloch Teatro S.L.

Os anteriores Premios Platta foron:

  • I Premio de Teatro Breve: Xacobe Otero por A importancia de chamarse Antonio; Antonio Mauriz: Amor de corbata; e Xosé Prada: Morreu a tía María
  • II Premio Platta de Teatro Breve: Rosa Gantes por Reencontro; José Domínguez Bueno: Voces en el limbo; Carlos Labraña:Descociñando.
  • III Premio Platta de Teatro breve: Carlos Alves: 13 de maio.

Os resultados, que tantas veces se lles atribúen a factores e accións que se asentan no presente, responde á forza e ao traballo de axentes que o tempo inxustamente borra.

Nos anos sesenta e setenta na cidade de Vigo, como noutras ciudades de provincias de Galicia e da xeografía española, o teatro tivo una presenza importante.

As iniciativa escénicas materializábanse da man de pequenas agrupacións de teatro afeccionado que, na procura de novos horizontes teatrais e ás veces cun afán formativo, se esforzaban en organizar encontros teatrais con escaso medios, aínda que coa axuda dalgunhas institución públicas e privadas asentadas na cidade.

As Xornadas de Teatro de Vigo, que se desenvolveron entre 1972 e 1978 ou as Mostras de Teatro Galego, organizadas entre 1975 e 1979, foron algún destes encontros. Por una banda as Xornadas naceron cun afán renovador e co fin de pór en contacto grupos da cidade con outras propostas teatrais foráneas. Pola outra as Mostras foron una forma de lle dar visibilidade á normalización teatral galega que xa comezara a Asociación Cultural Abrente en 1973 coas Mostras de Ribadavia.

Ambos os encontros favoreceron o intercambio de experiencias  e contribuíron  á propia formación destes grupos afeccionados.

Esta reorganización na escena de Vigo tivo lugar nun periodo crítico, consecuencia directa da represión franquista, a crise económica e o descontento social. A ditadura seguía a atrancar a liberdade de expresión, pero sobre todo en manifestacións colectivas como o teatro.

A finalidade desta obra é ofrecer datos e información dus acontecementeos salientables para a futura conformación dun tecido teatral na cidade.

Describir, sistematizar e recuperar o pulso dese período escénico no contexto actual e una forma de manter viva a memoria daqueles acontecementos. Unha forma de perfilar aqueles aspectos, valores e preocupacións determinantes para o desenvolvemento e a normalización do teatro en Galicia nese período: a análise dos repertorios, a profesionalización, a crítica, a creación colectiva, o papel do autor, o público a que se dirixía e a descentralización.

Valores e propostas escénicas que sementou un movemento de vangarda, o do teatro independente, que agromaron en toda España  e que entroncaban- e se inspiraban nel- co labor itinerante e pedagóxico das iniciativas teatrais republicanas como La Barraca de Federico García Lorca; o Teatro del Pueblo das Misións Pedagóxicas, dirixido por Alejandro Casona e no caso de Galicia polas Irmandades da Fala.

Iniciativas escénicas que se viron interrompidas pola Guerra Civil e “a longa noite de pedra” do franquismo.

Sibaris

Síbaris

de Domingo Villar Vázquez

Editorial Galaxia, 2023. Ilustracións de Carlos Baonza.

O Navegante

O navegante

Unha viaxe a bordo da Sala Nasa
de Guióne debuxo de Tristán Ron Ferreirós.

Edición: Ultratextos Documenta, Chévere. Novembro, 2022.

O nome de Domingo Villar xa é indisociábel na literatura galega e universal á novela negra como xénero masivo. A través da tradución das súas obras a máis de quince linguas o inspector Leo Caldas e os escenarios do sur de Galicia viaxaron por todo o mundo.

Mais a súa paixón polo teatro sempre o acompañou desde o instituto e mesmo nalgún momento  da súa vida mostrou interese por estudar a carreira de Dramaturxia en Madrid. Polo demais sempre foi un asiduo espectador.

Que é Sibaris? Domingo Villar definíu a sua obra teatral como unha comedia de salón ou quizais como comedia burguesa. Pero a trama, baseada nunha intriga arredor da falta de inspiración do protagonista e a súa vontade de desaparecer aproveitando un morto ben oportuno, oriéntanos cara á comedia negra.

O protagonista é o grande escritor Victor Morel, un artista excéntrico e sofisticado, angustiado pola falta de inspiración e polo tedio que lle causa a superficialidade dun espazo literario que sucumbíu ao poder alienante do diñeiro.

O mundo dos escritores de éxito aparece aquí con sarcasmo ao enfrontar  a posición máis ou menos idealista de Víctor Morel á da súa muller, a pragmática Laura.

Malia as diferenzas-que se amosan irreconciliábeis grazas á habelenciosa dosificación da intriga-atopan un camiño intermendio capaz de contentar a ambos os dous: a posibilidade de que Víctor desapareza para iniciar unha vida nova e anónima nun lugar equivalente ao ideal Síbaris e que Laura se aproveite dos cartos que xerou o seu marido á conta desa mesma idea brillante que no seu día foi a novela de título homónimo.

Non hai crítica nin axuizamento na comedia de Domingo Villar: o argumento obríganos, tamén a comprender a Laura, cuxo amaor por Víctor dende a mocidade a conduce a dixar as súas propias ambicións prefeionais para facilitar a xenial dedicación literaria do seu home. Dalgún xieto, e como corresponde á comedia burguesa clásica, todos teñen razón.

A través das técnicas básicas do enredo e dunha intriga rápida que bebe directamente da estrutura cinematográfica de escena breve, Domigo Villar logra tratar con ironía e mesmo comicidade, ese argumento que doutro xeito, podería conducir a un drama.

A obra foi estreada en Vigo o 30 de setembro de 2023 no Teatro García Barbón (AFundación) pola Compañía Condetrespés.  Os seus intérpretes son Carlos Blanco, Belén Constela, Oswaldo Digón e Pablo Novoa, e está dirixida por Lois Blanco.

Na actualidade a obra está en xira por Galicia e o resto do Estado español.

A Sala Nasa foi un espazo creado polo grupo Chéveres, construido coa suma de moitas voces e sensibilidades, que desbordou o ámbito artístico e cultural para fundar unha especie de praza aberta e autónoma nun arrabalde da cidade de Santiago de Compostela.

Trinta anos despois da súa apertura en 1992, O navegante achégase ás historias que se cruzaron na Nasa, contadas desde a mirada dun neno que se criou entre as súas paredes. Algo que inevitablemente leva a historia a outra dimensión, transformando un relato autobiográfico nunha aventura de iniciación chea de elementos fantásticos.

É tamén un compromiso grande porque é unha historia de máis de dúas décadas e irremediablemente vai unida á longa traxectoria dos seus promotores e xestores, os membros do grupo Chévere. Tras uns anos de actividade teatral estes actores e actrices decidiron converter un taller mecánico situado no barrio de San Lourenzo nun espazo de servizos artísticos. A comezos dos anos noventa, cando aínda coleaban os aires de liberdade da transición e a creatividade dos vertixinosos oitenta, os composteláns e moita xente chegada doutros puntos da xeografía galega e de máis aló do Padornelo,  tivemos ocasión de vivir innumerables veladas de teatro de vangarda, concertos de tódolos paus e outras moitas experiencias inesquecibles  grazas ao atrevemento destes emprendedores aos que mellor teriamos que chamar irreverentes axitadores culturais.

No formal é unha obra audaz, que amosa unha interesante capacidade para o encadre e un talento innato para a composición das páxinas, mais, por riba de calquera cousa é impresionante a mestría no uso das masas de negro, algo que non é doado e que Ron é quen de manexar cunha destreza sorprendente nunha primeira obra.

Ese neno que agora volve á Nasa para debuxala naceu en Compostela en 1998. Nesta cidade comezou a súa formación na Escola de Arte Eco e despois co debuxante Fran Bueno. Fixo o bacharelato de Artes no IES de Sar. Estudou BB.AA. na Universidade Politécnica de Valencia. Máster de animación dixital na BAU Centre Universitari D´Arts i Disseny de Barcelona. E Animación 2D na Escola de Cinema de Barcelona.

O Navegante é o seu primeiro cómic publicado.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close