Revista Galega de Teatro

Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.

Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.

Revista Galega de Teatro

Publicidade

Publicidade

FTMC. Boletín Informativo nº 34

Outubro-Novembro-Decembro 2024

Nesta última entrega de 2024 do Boletín Informativo do FTMC ofrecemos un variado menú de lectura sobre teatro. Pódese elixir entre saber algo máis sobre o teatro de rúa, achegarse a unha persoa que vive para a escena, indagar sobre unha metodoloxía de interpretación ou sinxelamente gozar coñecendo un evento teatral que agarda sempre por nós durante os veráns á beira dun río…

Bo Nadal 2024!

Teatro de calle reducida

Teatro de Calle. Veinte años aprendiendo.

de Mireia Marqués, Leandre Ll. Escamilla, Manuel Vilanova

Artezblai

Un camino para la interpretación actoral reducida

Un camino para la interpretación actoral

de Juan Pastor Millet

Asociación de Directores de Escena (ADE)

En novembro de 1982 un grupo de mozos universitarios motivados por unha actuación  en la Valle d´Uixo del Odin Teatret de Dinamarca, deciden crear en 1983 en Vila- Real ( Castellón) Xarxa Teatre (X.T.)  compañía dedicada ao Teatro de Rúa que en 2023 celebrou o seu 40 aniversario.

Para comprender mellor este interese polo teatro de rúa cómpre lembrar que nos comezos dos anos oitenta, ademais do Odin, as compañías Comediants e  Breat and Puppet tamén triunfan internacionalmente. E que La Fura del Baus realiza espectáculos de rúa desde 1979 por diferentes cidades catalás. Polo demais tamén en 1982 está a celebrarse a II edición de la Fira de Teatre al Carrer de Tárrega….

Desde o seu comezo, Xarxa Teatre optou pola rúa como escenario en  todos os seus espectáculos. Os seus directores, Manuel Vilanova e Leandre LL. Escamilla, endexamais  renunciaron a súa orixe e X.T. é hoxe unha das compañías de teatro de rúa de gran formato con características propias do mundo.

Tradición e  cultura popular mediterránea conforman o núcleo temático principal das súas montaxes. En X.T. saben mergullarse nas tradicións, actualizalas e facelas universais. Realizan un teatro festivo logrando que os seus espectáculos penetren por os sentidos: o cheiro a pólvora,  a forza visual das súas imaxes e  o ritmo da música.

A linguaxe universal do xesto, liberado do texto falado, completado coa música, efectos pirotécnicos e lumínicos fai posible que os espectáculos de X.T  poidan representarse en calquera  lugar do mundo e ante grandes multitudes.

A pirotecnia deixa de ser un elemento espectacular para axudar a narrar a historia. Teatro multimedia que incorpora as novas tecnoloxías con proxeccións de gran formato, uso de grúas e grandes estruturas.

O libro que presentamos é a testemuña de vinte anos de experiencia e de aprendizaxe desta importante compañía con sede en Vila-Real. Préstalle atención, con imaxes e textos , a un campo das Artes Escénicas tan desvalido  de bibliografía como son As Artes de Rúa.

É unha ollada interna, realizada polos membros de X.T., que ademais de ir deixando trazos dos fundamentos artísticos e creativos que inspiran os seus traballos, procuran un repaso aos antecedentes históricos das expresións populares  na rúa, orixe de moitas das linguaxes que na actualidade son utilizadas nos espectáculos rueiros.

Escrito e fotografado desde dentro, mais tentando contextualizar tanto as súas propostas como os acontecementos que sucedían ao seu arredor, calquera persoa lectora interesada pode descubrir máis dunha pista sobre os últimos vinte anos de teatro de rúa a partir das experiencias dunha compañía que percorreu rúas e prazas de todo o Estado español e cunha presenza constante nos grandes festivais europeos, americanos ou asiáticos. Desde dentro para ver o de fóra e narrar unha traxectoria que deste xeito queda exposta para público coñecemento.

Este libro nace da experiencia e da reflexión, da pescuda e da experimentación, do traballo a pe de obra, sexa na aula ou no escenario, e da formulación permanente de preguntas sobre o facer e o saber facer. Interesa por igual a intérpretes, directoras e directores de escena e mesmo a un amplo abano de profesionais das artes escénicas.

Un libro que interroga ao estudante de arte dramática mais tamén ao profesional en exercicio e seguramente a moitos docentes da interpretación, da dirección escénica e a investigación en ese campo. Un libro asemade útil para alimentar ás persoas que dedican o seu tempo á formación de grupos de teatro amador.

O autor escribe fundamentalmente sobre as liñas pedagóxicas que considera máis axeitadas na formación do actor, sobre como abordar ese binomio ensinanza-aprendizaxe. As técnicas que desenvolve teñen as súas raigames nas ensinanzas de William Layton, Sanford Meisner e Stanislavski mais sobre todo na súa propia experiencia. O seu labor docente  ten en conta dous principios. Un, o actor é coma unha árbore que se rega e abona e despois medra soa. As metodoloxías só crean as condicións para o seu desenvolvemento e que  dea froitos. Dous: Non é posible crear talento, pero sí as condicións favorables para a súa aparición.

Segundo a opinión de Juan Pastor a educación actoral é de natureza diferente á educación en xeral xa que mentres este tipo de ensinanza estimula o crecemento do estudante a través da materia estudada que non forma parte natural da súa individualidade, a ensinanza actoral ten como verdadeira materia a personalidade individual  do estudante. A materia ou contido, non se lle da ao estudante e hai que descubrila.

Un profesor de actores é aquel que dalgún xeito se compromete coa formación  artística do actor e neste sentido non hai ningunha definición sobre o que debe ser un bo profesor pois haberá que atopar o método para axudar ao estudante a descubrir a parte latente da súa personalidade e saber expresala  artisticamente.

Juan Pastor é actor, profesor e director de teatro. Durante os últimos 50 anos estreou e como actor e director unha gran variedade de autores clásicos e contemporáneos, cun estilo propio caracterizado pola calidade actoral e a complicidade cun espectador disposto á indagación dende a súa propia experiencia.

Licenciado en Arte Dramática e discípulo de mestres como William Layton, Jon Strasberg, Roy Hart, Michael McCallion, Carlos Gandolfo, Arnold Taraborrelli, Joanna Merlin e CC. Courtney foi profesor de interpretación na RESAD até a súa xubilación en 2006.

En 2006 fundou con Teresa Valentón Gamazo o Teatro Guindalera en Madrid, unha sala con 70-80 localidades  con programación regular e unha compañía.

Manifestan reivindicar a imaxinación compartida co espectador e fronte á exhibición de medios e grandes espazos procuran a proximidade e o ambiente íntimo onde o público e os actores teñan a oportunidade de encontrarse emocionalmente.

A Guindalera: un espazo de encontro e reflexión, un “templo” de comunicación directa co público.

Manuel Lourenzo reducida

Manuel Lourenzo. Vivir para o teatro.

de Pablo Rodríguez

Uvegá Teatro

25 anos MIT reducida

25 anos. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

de VV. AA.

Difusora de Letras, Artes e Ideas.S.L.

O traballo que presentamos ten como obxectivo principal facer unha primeira incursión na traxectoria artística da obra dun dos máis significativos “homes de teatro” do teatro galego contemporáneo. Pois ademais das súas facetas de dramaturgo,  director, e actor habería  que sumarlle a súa capacidade e tesón de dinamizador teatral como teórico, profesor, articulista e conferenciante.

Este volume parte dun seguimento cronolóxico (1943- 1997) da obra de Manuel Lourenzo, acompañado de material gráfico seleccionado no seu arquivo persoal. Fotografías das montaxes, programas de espectáculos, deseños de espazos escénicos e figurinos, constitúen un referente de inestimable valor documental no que se amosa a coherencia do discurso estético da súa carreira artística. Neste apartado dáse conta da actividade multidisciplinar que caracteriza a Manuel Lourenzo desde os seus inicios, implicado sempre na procura de novos discursos de investigación. Na segunda parte do libro recóllese unha escolma de textos que ao entender de Pablo Rodríguez dan fe da traxectoria do autor até o ano 1997.

Aparece por primeira vez editado  Lux in tenebris, conto que achega ao Manuel Lourenzo narrador e A estratexia do narco, texto dramático que sen dúbida é revelador da importancia que a realidade inmediata exerce na súa concepción literaria.

“Falar de Manuel Lourenzo é falar de arte, de literatura, de estética e de espectáculo mais tamén é falar de frustración e esperanza, porque percorrer a súa vida artística é reconstruír a historia do teatro galego. Poderíase falar, a través das súas actividades, da creación do Teatro Independente, dos heroicos tempos da furgoneta e as representacións en garaxes e alpendres, das polémicas estético-políticas nas Mostras de Ribadavia, da vontade de creación dun teatro nacional, da extraordinaria experiencia da Escola Dramática Galega e da Sala Luís Seoane. Poderíase contar tamén como naceu a historiografía dramática coas obras Teatro Galego (Edicións do Castro) ou o Dicionario do Teatro Galego (Ed. Sotelo Blanco) escritas en colaboración con Francisco Pillado, e como viron a luz publicacións tan novidosas como os Cadernos da Escola Dramática Galega ou os Cadernos do Espectáculo da Compañía Luís Seoane.

Mais este libro non é unha historia do teatro senón unha homenaxe gozosa a unha das figuras máis importantes da nosa escena: Significa o recoñecemento a unha obra literaria que perdurará no tempo, xa que non está coutada por modas e oportunismos”.

O autor Xosé Paulo Rodríguez Domínguez (1969), licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e con diploma de estudos avanzados pola Universidade da Coruña (UDC) en Galego-Portugués e Estudos Románicos. Actor no Clube Teatral Elsinor dirixido por Manuel  Lourenzo. Foi director e coordinador da Aula de Teatro do  Campus de Lugo da USC e tamén da Aula de Teatro da UDC.

Ocupou o cargo de Director-Xerente do Auditorio de Galicia, presidiu a Rede Española de Teatros e Auditorios e desde 2011 é Director do Teatro Rosalía Castro da Coruña.

En xullo deste ano 2024 celebrouse a 40ª edición da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) e o libro que está nos andeis do FTMC da Biblioteca Pública de Cangas lembra os primeiros vinte e cinco anos deste evento, fundamental na historia do teatro galego e  relevante tamén para a propia Ribadavia.

É un texto para memoria, esa capacidade humana tan necesaria e esquecida dun xeito paradoxal. Fundamental para aprender, para non repetir o xa realizado e avanzar, para non cometer os mesmos erros unha e outra vez, fundamental para gozar…

Carteis das  VIII Mostras de Teatro Galego, organizadas pola esforzada Asociación Cultural Abrente, carteis das 25 Mostras Internacionais de Teatro, programas, fotografías e recortes de prensa son as ilustracións que integran este belido volume. Todo este material gráfico aparece completado con suxestivos artigos de directores, actores e críticos de compañías foráneas e galegas como Xulio Lago, Méndez Ferrín, Luís Álvarez Pousa, Sonia Torre, Ánxeles Cuña, La Cubana, etc, etc.

Como exemplo reproducimos anacos d‘O forno de Abrente, escrito por Manuel Lourenzo:

As mostras de Ribadavia non apareceron de repente. Había o forno, aquela xa lendaria Agrupación Abrente, mais houbo que apañar a leña, metela dentro e prenderlle lume, e despois coidar que non morrese…Todas as cousas teñen unha orixe e unha razón de ser, de estar e de espallarse ou de morrer. Na altura de 1973 data da 1ª Mostra e do 1º Concurso de Teatro convocados por Abrente en Ribadavia, co selo flutuante de “teatro galego”ou “teatro en galego”, había a longa marca do teatro independente…..

…..Naquela altura, o teatro en lingua galega non pasaba de ser unha entelequia. Foron precisos moitos debates, moita militancia cultural, como entón se dicía, para convencer e convencerse de que sen teatro non iamos a ningures..

E Tanttaka Teatro (Euskadi) escribe nun artigo titulado:

Ribadavia, dolce vita: Para una compañía como la nuestra obigada a itinerar por circuitos imposibles y a trabajar en teatros de toda laya, a menudo viejos y deprimentes, Ribadavia significa lo que el oasis para los camelleros del desierto. No es un espacio de trabajo, es mucho más. Es un encuentro alborozado de las gentes del teatro en medio de una naturaleza que invita al goce de los placeres de la vida, de la conversación, de la gastronomía, del equilibrio del cuerpo y de la mente…Ribadavia es para nosotros como un rincón renacentista, un “locus amoenus” al que Garcilaso de vivir en nuestros días, le hubiese dedicado una de sus églogas: el misterioso recodo del Miño, las “pozas” donde a veces nos bañábamos de madrugada, las huertas donde maduran las uvas prietas, el balneario de aguas termales, el anfiteatro de estilo romano, el público fiel y exigente. Todo contribuye a crear esa atmósfera mágica donde el trabajo teatral se convierte en comunión laica entre actores y espectadores, en fiesta de los sentidos… 

Un libro para a memoria.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.