in

Premios no Festival SóLODOS de Ourense

Sólodos |

Durante a terceira edición na cidade de Ourense do Festival Internacional de Danza Contemporánea foron entregados os seguintes premios do CERTAME DE CREACIÓN DE DÚOS e SOLOS:

PREMIO SÓLODOS EN DANZA OURENSE 2018 / XIRA COSTA RICA

Durante o Certame Internacional de Dúos e Solos de Danza contemporánea un xurado internacional (formado por Natividad Buil –Festival Trayectos Zaragoza e Red A Cielo Abierto / Rede de Festivais de España–, Víctor López –Xerente do Patronato Municipal de Artes Escénicas e da Imaxe de Zaragoza–, Erick Jiménez –Codirector Sólodos En –, e Maruxa Salas –Codirectora Sólodos En Danza–) seleccionou unha obra de danza para realizar unha xira por latinoamérica durante a primavera do 2019. A coreografía gañadora foi:

  • [Tiempo] de Nacho Cárcaba (Intérprete Nacho Cárcaba)

PREMIO DO PÚBLICO

Os cidadáns que acudironn ao Certame puideron seleccionar unha obra de danza que foi premiada co galardón Premio do Público. A coreografía gañadora foi:

  • Ephimero de Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas (Intérpretes Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas)

PREMIO XOVE


Publicidade

Os 400 estudantes dos diferentes Institutos da cidade que acudiron a ver as diferentes coreografías entregaron o PREMIO XOVE. Premio Xove é unha iniciativa, para que o público escolar seleccione unha coreografía que se presenta no Festival e sexa galardoada co premio do público máis novo. A coreografía gañadora resultou ser:

  • Ephimero de Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas (Intérpretes Paula Pérez Pinilla e Carmina Gimeno Latas)

PREMIO FINALISTA DANZA EN LA CATEDRAL · BAILANDO CON PIEDRAS

Coreografía Cuando las aves oyen mi paso de Ricardo Flores (Intérpretes Ricardo Flores e Diana Pinto

 

A Plataforma Cultural SóLODOS traballa para a difusión da danza e as artes do movemento. Os seus proxectos promoven a danza como ferramenta social e desenvolvemento cultural, xenerando espazos de colaboración entre proxectos culturais, creando iniciativas que permiten o intercambio de coñecemento entre institucións públicas e privadas, centros de ensinanza escénica, artistas, público e a sociedade en xeral.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

HelenBertelsAmor |

Cuarta edición de “Mulleres en Acción. Violencia Zero”

JesusRubioGamo |

Jesús Rubio Gamo no TRC Danza da Coruña