in

Un programa especial que inclúe unha trintena de espectáculos conmemora o Día Internacional da Narración Oral

Paula Carballeira
Paula Carballeira

A X edición do Festival Atlántica vaise celebrar durante o verán, mais o encontro quere festexar tamén unha das súas citas máis emblemáticas: o Día Internacional da Narración Oral. Así,  nestes días, arredor deste domingo, 20 de marzo, unha trintena de espectáculos vanse desenvolver en múltiples puntos de Galicia grazas á colaboración cos festivais Sete Falares de Pontevedra e Falando a Boca Chea da Coruña e mais os integrantes do colectivo NOGA.

As historias en estado puro percorrerán os barrios, bibliotecas, teatros e auditorios de Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Marín, A Laracha, Narón, Culleredo, Portonovo, Cangas, Alfoz, Soutomaior, Oleiros, Fene, Brión, Ribeira e Ourense.  Entre as e os artistas participantes no programa figuran Vero Rilo e Penadique, José Luis Gutierrez Guti, Erica González, Raquel Queizás, Dani Blanco, Cristina Collazo, Charo Pita, Pablo Díaz, Atenea García, Celso F. Sanmartín, Anxo Moure, Servando Barreiro, Ramiro Neira, Larraitz Urruzola, Mirari Urruzola, Cris de Caldas, Iseo a Moura, Candido Pazó, Quico Cadaval, Sole Felloza, Paula Carballeira, Tarabelos, Pavís Pavós, Baobab, Migallas e Polo Correo do Vento.

Ademais, nesta edición o escritor, investigador e creador da web Galicia Encantada Antonio Reigosa é o autor do manifesto, un texto que xa chegou tamén a diferentes centros de ensino, bibliotecas e concellos para lembrar a importancia e a necesidade das historias a viva voz, o encontro cos outros para celebrar a memoria, a identidade e a lingua.


Publicidade

O Día Internacional da Narración Oral celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia no ano 1991 e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.

DNO22 manifesto ALTA scaled |
Deseño do cartel: Ekinocio.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto de Steve Rhodes.

Mensaxe do Día Internacional do Teatro 2022

Camiño Escena Norte

Camiño Escena Norte abre o prazo de inscrición de espectáculos para o Itinerario Constelacións