in

Menos mal que discriminamos!

Irreverencia 9 |
Imaxe de Álex Sobrino

A velocidade nas formas de participación do público no teatro son coma un Ferrari, de 0 a 100 en menos do que a prudencia nos dita, e, sacando modas e tendencias, creo que nos nosos días, conviven. E digo creo, porque hai algún estilo teatral que nin practico, nin consumo.

Acabo de marcarme un símil moi señoro, dígoo polo do Ferrari, e teño que recoñecer que me mola! Ademais de que os gustos non son masculinos nin femininos, nin os gustos, nin as estéticas, nin os cerebros…Schhh! Frea, Irene, que te pos radical e claro co que me gusta a min ir á raíz das cousas podo acabar falando de temas non teatrais nesta irreverencia, e non é plan.

É innegábel que o teatro naceu grazas á idea revolucionaria de apartar o público. Si, a idea tan pouco integradora de “ti, non participas” ou “aparta que ti disto, non sabes”. Foi o que deu o chimpo do rito ao teatro. Agardo que fose unha discriminación que agromase dun acordo, “mellor mañá ven ver e así non participas, que vexo que o pasas mal”. Todo falado, todo acordado, como coas relacións que izan a bandeira da “ética promiscua”, con falalo, xa está, xa non doe…Ha, ha! (Esmendréllome coa posmodernidade).

Publicidade

E agora, despois dunha morea de anos colocando muros para a separación escena-espectadoras: palcos elevados, convención da cuarta parede, negar a existencia do público para fundamentar auténticos sistemas de traballo actoral. Resulta que agora, a historia comeza a dobrar o horizonte, agora para entender con profundidade a falta de público nos teatros temos que entrepechar os ollos, e volver á orixe, ao ollar circular, a esvaecer a idea de estar ou de participar. E, así, vén de volta a idea de que a historia se repite e comezamos a desmontar as barreiras e, xa non só a resignificar a presenza do público senón a manifestarlle a súa autoridade como cocreadores das nosas pezas. A min encántame esta tendencia do teatro en xeral, e do relacional en particular, mesmo fixen e farei en breves escenificacións con esta premisa.

Pero mentres avanza esta idea de que o público traballe nas nosas propostas vou agardar unhas semanas, a ver se evolucionamos exponencialmente e é o propio público quen nos cobre e presenta as subvencións á santa institución!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Irene Moreira

Irene Moreira

(Vigo, 1980) Directora de escena e profesora de arte dramática. Actualmente dirixe a compañía teatral Xerpo, e, xunto con Álex Sobrino, fundou a Sala Ingrávida (Porriño), da que foi responsable de programación. Imparte docencia na ESAD de Galicia, traballo que combina co podcast 'Radio Ingrávida' e a experimentación co novo teatro confinado.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Programación da MITEU 2022 Ourense

A programación da MITEU 2022 enche Ourense de teatro universitario

Hoax Hamlet Voadora |

Escenas do cambio volve en maio a Santiago cun programa que inclúe oito creacións inéditas