in

A sensibilidade de ser

Imaxe creada con Intelixencia Artificial

Cando ás persoas sensibles se nos di que, efectivamente, somos sensibles e o din dunha maneira coma se iso fose un defecto, non entendo nada. Hai unha gran intolerancia á sensibilidade nesta sociedade, considérana debilidade cando é todo o contrario. Pensan que ser sensible é chorar todo o tempo por calquera cousa, e nada máis lexos.

Ser sensible é emocionarse, sentir a vida na súa intensidade, o bo e o malo. É moito máis fiable sentir que pensar, porque o pensamento ás veces erra pero o sentimento nunca. Para vivir sendo sensible hai que ser moi forte e moi valiente, moitísimo. Porque vivir nun grado de emoción constante significa vivir co corazón aberto, veña o que veña, o que asusta a moitas persoas.

Se a sociedade deixase de «amurallar o propio sufrimento», como dicía Frida, o mundo sería un lugar máis habitable. Se se tivese un mínimo de sensibilidade, de empatía, reduciríanse moito as desgracias humanas.  E é que o feito de empatizar, de sentir a emoción na súa intensidade é o que nos dá esencia de ser. E isto é moi importante nas artes, na cultura, cando se xoga sobre o escenario.

A clave do teatro é a transmisión da emoción, e para isto é esencial ter a sensibilidade de sentir, de fluir e de non establecer murallas. Empatizar ca personaxe, xogar coa emoción que nos fai sentir ese acto, esa liña, ese verso, ese momento. A emoción viva do momento exacto que se representa. Non é iso o teatro? Darlle o noso corpo ás emocións da personaxe. Unha actriz ou actor que se deixa penetrar polo que sente o personaxe nese instante ante unha situación determinada permitiralle ao propio personaxe un xogo e maxia que poucas veces pode darse. É moi complicado fluir, e tamén é moi complicado sentir sen levar a emoción dese papel “a casa”, isto pasa no mundo da interpretación e tamén na vida. Ser sensible, traballar coa emoción sen que esta nos enterre é complicado se non nos damos xestionado. Supoño que cadaquén ten que atopar o punto de equilibrio que precise, pero sen amurallarse. Porque sen sentimento, sen emoción, non hai xogo, nin en platea nin sobre o escenario. E non só no teatro, tamén no oficio da escrita a emoción xoga un papel determinante. A catarse de tinta, verter no papel o que os sentimentos nos fan dentro. Compartir o que se sente. O que vén sendo tamén vivir.


Publicidade

Non critiquen ás persoas sensibles. Estas almas poden vivir a vida e a cultura dunha maneira que outras moitas desexarían. Consideren a sensibilidade coma un regalo, non unha condena. Sintan, emociónense. Non lle baixen o telón ao que emocione. Vivan, co sorriso e coa bágoa por bandeira.

Porque todo o que se sente, existe.

Laura Pousada

Laura Pousada

Tradutora, intérprete e profesora. Estudei linguas estranxeiras para comunicarme e ensinar a comunicarse e por esa razón o teatro e a escritura sempre foron dúas constantes na miña vida. A transmisión dende a verdade, dende a catarse e a esencia de ser. Dende o papel e o escenario, que están moi unidos ás aulas. Porque actuar e escribir non son só unha sucesión de palabras bonitas, deben ser dende a emoción. Coma a vida.
Traduzo, interpreto, ensino, actúo e escribo para dar voz ao silencio. Entre outras moitas cousas.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Leo Bassi |

O FIOT acolle a estrea en Galicia de pezas de Leo Bassi, Titzina e David Espinosa

DALL·E 2022 10 15 12.19.51 A woman handpalm with a tree and root on top of it color oil paint 2 e1665830210582 |

Non me contes a túa vida… ou si…