
‘Emigrados’, da Aula de Teatro do Campus de Vigo
O 28 de abril tiven o pracer de asistir á representación de Emigrados, a cargo da Aula de Teatro do Campus de Vigo e dentro da Mostra Internacional de Teatro Universitario, organizada por Teatro de Ningures.
Esta produción está feita a partir de textos perfectamente fiados e que crean unha atmosfera da que o público é participe. O elenco logra manter esa aura dramática con algúns tintes de comedia durante toda a obra e isto pon en valor o necesario e fermoso que é o teatro universitario.