in , ,

Una parte de mí

Cativos, música e certa vertixe

Una parte de mi, de O último momento, na Feria de Teatro de Castilla León
Una parte de mi, de O último momento, na Feria de Teatro de Castilla León

Unha característica da Feria de Teatro de Castilla y León son as pezas ao aire libre gratuítas, xeralmente de circo. Una parte de mí, da CIA O Último Momento, era unha delas, e puiden vela en Ciudad Rodrigo o día 23 de agosto.

Na peza, destacan especialmente o traballo do acróbata João Paulo Santos, acompañado polo espazo sonoro de Tiago Cerqueira. Neste espectáculo amosan o dominio que teñen sobre as súas respectivas especialidades, pero tamén a súa sinerxía, xa que corpo e son van da man, sen pelexas nin confrontacións.

Una parte de mí é unha peza de circo, na que se traballa co mastro chinés, e que nos propón unha viaxe co acróbata e a súa disciplina. João parece un astronauta. Ás veces, a gravidade semella non afectarlle, de xeito que o público pode gozar da súa coreografía, e do diálogo que se xera entre o seu corpo e o fermoso casco vello de Ciudad Rodrigo. João é un deses acróbatas que fai aparentar a súa arte como algo sinxelo, como algo natural para o seu corpo, e inaccesible para o resto de seres humanos, que só podemos observar dende a terra como este astronauta toca o ceo da vila.


Publicidade

A peza faite transitar emocionalmente xunto ao acróbata, coas súas subidas e baixada, e a música achégate ese sentir, en perfecta harmonía co corpo. A pesar da brevidade do espectáculo, a viaxe é moi rica, grazas ás tensións e distensións que producen ambos artistas. Isto queda claro cando ves os cativos que asistiron ao espectáculo. Aínda non teñen a sensación de decoro, e as súas reaccións durante a peza eran puras. Algúns, nos momentos nos que sufrimos polo acróbata, foron correndo cara ás súas nais.

Resumindo, Una parte de mí oferta toda unha experiencia grazas á destreza e entendemento dos participantes no espectáculo, e que con poucos elementos, acompaña o espectador a unha viaxe de emocións e sensacións.

Una parte de mí, de O último momento. 

Creación e interpretación: João Paulo Santos
Mirada artística: Nathan Israël
Acompañamento na investigación e calidade do movemento: Marie-Anne Michel
Acompañamento na creación: Elsa Caillat
Creación musical: Tiago Cerqueira.
Deseño de iluminación: Enzo Giordana.
Fotografía: Philippe Laurençon

Feria de Teatro de Castilla y León. Ciudad Rodrigo, 23 de agosto de 2024.

Diana Longa

Diana Longa

(Vigo, 2001) estudante de Dirección Escénica e Dramaturxia na ESAD de Galicia. Formada en música, sobre todo canto. Cofundadora do podcast Isolda, Diana e Martín viven nun mocasín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A galega Ibuprofeno Teatro en Alsasua © Daniel Fernández

Camiño Escena Norte fai balance dunha “edición de resistencia”

Aula Chévere 1 horizontal

Aula Chévere