in , ,

As compañías galegas Valacar e Muxicas participan na 19ª Bienal de Teatro da ONCE

Esta semana, na Comunidade de Madrid

Miles gloriosus Muxicas
Imaxe da posta en escena de Teatro Muxicas de 'Miles gloriosus', de Plauto, adaptada e dirixida por Sara Rey. Fonte: Teatro Muxicas.

Unha compañía coruñesa e outra ourensá están a representar a Galicia na 19ª Bienal de Teatro da ONCE, que se está a celebrar esta semana en Madrid. Trátase dos grupos Valacar e Muxicas, integrados maioritariamente por persoas cegas ou con discapacidade visual.

Teatro Valacar, con sede na Coruña, foi fundada en 1989 como o primeiro grupo de teatro de
persoas cegas de Galicia. Dirixido por Pedro Rubín, o grupo destaca pola súa aposta por textos
contemporáneos e pola promoción da integración nas artes escénicas a través do Premio FTV e o
Festival de Teatro FTV, que se celebra na cidade herculina.

pervertimento valacar 19 bienal de teatro once
Pervertimento, de José Sanchís Sinisterra, dirixida por Pedro Rubín, e posta en escena por Valacar.

Teatro Muxicas, de Ourense, naceu en 1998 e consolidouse como agrupación artística en 2009. Desde 2022, está dirixida por Sara Rey, quen asumiu o liderado do grupo tras ser asistente de dirección. Muxicas leva máis de 25 anos sobre os escenarios, representando máis de catorce espectáculos por toda España, entre os que destacan obras como La zapatera prodigiosa, Arsénico por compaixón ou El inspector.

A 19ª Bienal de Teatro da ONCE conta con nove compañías teatrais formadas por artistas cegos e cegas e con discapacidade visual. Durante a Bienal, que se está desenvolver en 22 teatros de 19 localidades da Comunidade de Madrid, tamén se pode visitar unha carpa na Praza de España con exposicións audiovisuais sobre os case 80 anos de historia do teatro na ONCE e obras artísticas realizadas por afiliados e afiliadas. A participación das dúas compañías galegas neste evento, segundo expresan dende Teatro Muxicas, “reafirma o compromiso da ONCE coa cultura inclusiva e o talento artístico das persoas con discapacidade visual”, poñendo en valor o seu traballo no eido teatral estatal.


Publicidade

Funcións

Valacar, coa súa montaxe de Pervertimento, de José Sanchís Sinisterra, dirixida por Pedro Rubín, está hoxe, 21 de maio, no Teatro MIRA, en Pozuelo de Alarcón, ás 19.30 horas; mañá, 22 de maio, no Teatro García Lorca, en Getafe, ás 19:00 horas; e o sábado 24 de maio encargaranse da clausura da Bienal, en Madrid, no Teatro Español, ás 19.00 horas. Pola súa parte, Muxicas, coa súa posta en escena de Miles Gloriosus, de Plauto, adaptada e dirixida por Sara Rey, estará hoxe no Real Coliseo Carlos III, en San Lorenzo del Escorial, ás 19:00 horas; mañá no Teatro Auditorio Ciudad de Alcobendas, ás 19.30 horas, e o venres en Madrid, na Sala Roja Concha Velasco dos Teatros del Canal, ás 18.30 horas.

As entradas para as representacións son gratuítas, cun máximo de dúas por persoa. Consulta aquí a programación completa da 19ª Bienal de Teatro da ONCE.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'I'm not an influencer...' de Reinaldo Ribeiro. Foto_ Rocío Cibes

Melancolía e utopía en Escenas do Cambio 2025

As que limpan de A Panadaría

A Panadaría anuncia a súa disolución