in

A Panadaría anuncia a súa disolución

Disolverán a compañía ao remate de 2025

As que limpan de A Panadaría
'As que limpan', de A Panadaría. Foto: Pilar Abades

A compañía de teatro A Panadaría, formada polas actrices e creadoras escénicas Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, vén de anunciar mediante un comunicado nos seus perfís en redes sociais, o peche do seu “forno teatral”. Nel comunican que a disolución da compañía a farán ao remate do ano 2025 e en breve darán a coñecer as datas das funcións de despedida d’As que limpan, o seu último e agora si que xa derradeiro espectáculo.

Explican que esta decisión a tomaron despois dun tempo reflexionando sobre o que querían do proxecto e de escoitarse “con tempo e con calma”, chegando á conclusión de que o mellor era disolver a compañía e “abrirse a outras sendas vitais e creativas”.

Na súa mensaxe aproveitaron tamén para expresar o seu agradecemento cos seus equipos técnicos e creativos e coas persoas que as acompañaron ao longo destes anos, dende o nacemento da compañía no ano 2012.


Publicidade

Hai unhas cantas semanas a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, MITCFC, deu a coñecer que o Premio Xiria ao Labor Teatral recae este ano en A Panadaría, en recoñecemento “ao seu talentoso labor en amasar un teatro innovador e esixente”. A organización explicaba que quería destacar o traballo que Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman adoitan crear “cunha excelente acción física e verbal” e as temáticas actuais das súas obras, “un teatro que denuncia sen vitimizar, a través da comedia, ese xénero aínda desvalorizado do que poucas creadoras son protagonistas”. Este Premio cobra agora tamén a calidade de homenaxe á traxectoria da compañía antes do peche do seu proxecto teatral.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Miles gloriosus Muxicas

As compañías galegas Valacar e Muxicas participan na 19ª Bienal de Teatro da ONCE

Iván Caloto. Imaxe de Álex García.

Iván Caloto gaña o VIII Concurso de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño