in

Oh, Mammi Blue

O persoal do político

Foto do espectáculo Oh, Mammi Blue
'Oh, Mammi Blue', de Cinema Sticado. Foto de Alberto Pequeño.

Tiven a oportunidade de ver a función en Vigocultura de Oh, Mammi Blue, da compañía Cinema Sticado, o pasado venres 20 de febreiro, no Auditorio Municipal da cidade.

O espectáculo é un monólogo no que Helena Varela conta o parto da súa segunda filla. A pesar da comedia, a peza destaca pola súa intimidade e vulnerabilidade. Helena non ten medo a espirse (non literalmente, neste caso), e consegue mediante o seu carisma e graza natural que a acompañemos por esa viaxe, que pode chegar a ser bastante abafante.

En todo caso, a peza resulta tremendamente honesta, e é grazas a isto que chega ao espectador. É unha peza que move, pero que tamén cuestiona. Facer unha reflexión sobre cuestións tan complexas como o concepto de familia e a maternidade pode resultar pesado, e ás veces incluso panfletario, pero non é o caso. Oh, Mammi Blue non se esquece do persoal no político, e este último deixase ver, sen explicitalo. Oh, Mammi Blue non che estampa unha idea na face, senón que consegue que dentro de ti se movan a reflexión e a emoción.

O espectáculo é sinxelo. O máis rechamante é a pantalla onde vemos o que filma a cámara, inda que aparecen elementos de attrezzo e vestiario que poden ser rechamantes. En todo caso, o que enche o espazo é Helena e a súa apertura. Ela consegue achegarse ao público dun xeito moi honesto, e os espectadores reaccionamos a iso, non só rindo.

Con isto dito, creo que deixo claro que Oh, Mammi Blue é un espectáculo que paga a pena ver. Os espectadores saímos conmovidos, movidos e reflexivos, e inda por riba pasámolo ben.

Foto do espectáculo Oh, Mammi Blue
Oh, Mammi Blue, de Cinema Sticado. Foto de Alberto Pequeño.
Diana Longa
Latest posts by Diana Longa (see all)

Oh, Mammi Blue, de Cinema Sticado 

Dirección e dramaturxia: Noemi Rodríguez

Elenco: Helena Varela

Deseño de escenografía: Coti Faro

Deseño de iluminación: Laura Iturralde

Deseño de vestiario: As Dúas e Punto

Videos e espazo sonoro: Xosel Díez

Axudante de dirección: Darlene Rodríguez

Dirección de produción: Helena Varela

Técnicas en xira: As Dúas e Punto

Fotografía: Alberto Pequeño

Deseño gráfico e dirección de Arte: María Vilariño

Cartel: Nico Juárez

Distribución: Señora Barrio

Vigocultura. Auditorio Municipal de Vigo, 20 de febreiro de 2026.

Diana Longa

Diana Longa

(Vigo, 2001)Titulada superior en Dirección Escénica e Dramaturxia na ESAD de Galicia. Formada en música, sobre todo canto. Cofundadora do podcast Isolda, Diana e Martín viven nun mocasín.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Imaxe promocional do espectáculo Monte - Versión Estendida

Laboratorio Escénico estrea ‘MONTE- Versión Estendida’

Foto: Afonso Becerra.

Como estar no teatro sen mirar para o teléfono?