Se cadra, a historia que nos propoñen é o menos importante unha vez atendemos ao despregue de medios e ao discurso metateatral. Aínda así, o certo é que Cinema Sticado logra meterme como espectador na trama e atender ao mundo psicodélico de Mirlo e Rula e o seu maletín con poderes extraordinarios, esquecendo un tanto a tecnoloxía que o rodea. O feito de que a historia estea manipulada por unha elite, non deixa de abondar na súa proposta de facer explícitos o xeito no que a humanidade se move coma unha marioneta, sen darnos conta.
Etiqueta: Helena Varela
No confín de… Helena Varela e Xosel Díez
Helena Varela é actriz, performer e lectora de audiolibros; Xosel Díez é artista, profesor e enxeñeiro. Os dous compoñen o núcleo central do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado. Coa súa serie de intriga escénica de cine ao vivo STRPTS –Episodio 1: Mirlo & Rula (2015) e Fin de Tempada (2018)– xiraron por toda Galicia, parte do […]
Strpts. Mirlo & Rula
Transparencia | Manuel Xestoso | Georges Méliès –xunto cos irmáns Lumière, un dos pais do cinema moderno– procedía do mundo do teatro. Un teatro no que primaba o fantástico e a prestidixitación, con espectáculos nos que se combinaban pantomimas e lanternas máxicas, efectos especiais e ilusionismo. O importante era manter a fascinación do público, ocultándolle […]