in

No confín de… Helena Varela e Xosel Díez

Helena Varela & Xosel Díez (Cinema Sticado)
Helena Varela é actriz, performer e lectora de audiolibros; Xosel Díez é artista, profesor e enxeñeiro. Os dous compoñen o núcleo central do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado. Coa súa serie de intriga escénica de cine ao vivo STRPTS –Episodio 1: Mirlo & Rula (2015) e Fin de Tempada (2018)– xiraron por toda Galicia, parte do estado e tiveron moi boa acollida en festivais internacionais de Portugal, Polonia ou Suíza. Deberían ter estreado PYKA: O corazón na eclipse no Auditorio de Cangas o pasado marzo, o novo espectáculo do grupo con dramaturxia de Julio Fernández e música en directo do Trío Caspervek que, finalmente, estrearase na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

 

O libro que tedes sobre a mesa de noite.

Helena: La mujer que huye de Anais Barbeau-Lavalette, e Fuegos de Marguerite Youcenar.

Xosel: Tamén teño dous: Atrapa el pez dorado de David Lynch, e Prender os fachos, compoñer os ósos de Carlos Da Aira.

 

A vosa banda sonora destes días.

As risas dos nosos nenos e Radio 3.

 

O último filme que vos impresionou.

Helena: Durak de Yuri Bykov e Opening Night de John Cassavetes.

Xosel: Sen dúbida, Durak de Yuri Bykov, polo desacougante e brutal retrato que fai da honestidade e o egoísmo nos seres humanos.

 

A obra de arte na que vos perderiades agora.

Helena: En calquera das imaxes captadas por Cristina García Rodero, que nos falan da nosa condición humana, dese respirar a captación pura no mapa das emocións.


Publicidade

Xosel: Gustaría volver perderme en Blue Hour, unha instalación site-specific interactiva desenvolta na cuadrienal de Praga do ano pasado por un equipo de artistas liderado polo francés Romain Tardy. Experimenta coas febles fronteiras existentes entre o virtual e o real.

 

A peza que vos gustaría facer.

Agora mesmo na única na que pensamos titúlase PYKA. Trátase dunha peza que parte dunha investigación familiar para rematar contando a historia dunha película de animación perdida na Rusia stalinista e facendo o remake da mesma.

 

Unha figura histórica coa que compartir unha caña.

Helena: Co pesada que me poño cando bebo, penso que con ningunha.

Xosel: Todas as figuras históricas que coñezo pensan de min que son abstemio. Así que non compartiría ningunha caña. Non son quen de foderlle as crenzas aos mortos.

 

Se non fósedes teatreiros, seriades…

Helena: Catadora de soños nun hospital psiquiátrico.

Xosel: Eu son o que son, agora éche difícil cambialo. Pero se puidese ser outra cousa, se cadra, procuraríame o oficio de vividor. E se non fose quen de abandonarme aos praceres da vida, pois gustaríame ser bombeiro.

Avatar

Ernesto Is

(Xixón, 1988) É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté-Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

mostracangaspremios |

A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición

Laura Villaverde

No confín de… Laura Villaverde