Se cadra, a historia que nos propoñen é o menos importante unha vez atendemos ao despregue de medios e ao discurso metateatral. Aínda así, o certo é que Cinema Sticado logra meterme como espectador na trama e atender ao mundo psicodélico de Mirlo e Rula e o seu maletín con poderes extraordinarios, esquecendo un tanto a tecnoloxía que o rodea. O feito de que a historia estea manipulada por unha elite, non deixa de abondar na súa proposta de facer explícitos o xeito no que a humanidade se move coma unha marioneta, sen darnos conta.
Etiqueta: Cinema Sticado
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
Cinema Sticado: “A memoria é unha munición para combater a manipulación”
Helena Varela e Xosel Díez forman o núcleo do colectivo artístico Cinema Sticado. A pasada fin de semana o Salón Teatro acolleu a súa retrospectiva de cine ao vivo STRPTS/ Episodio 1: Mirlo e Rula, Fin de Tempada e Pyka, a súa última creación. Debullan con nós algunhas das claves do seu traballo que nos […]
A erregueté presenta o número 99
A edición do número 99 da erregueté | Revista Galega de Teatro conta co apoio para edicións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra do ano 2020.
Vigocultura programa 31 espectáculos neste outono
Vigocultura trae neste semestre un programa de 31 espectáculos que inclúen rúa, monicreques, teatro, comedia, danza, microteatro e circo. O pasado 12 de marzo decidiuse o peche de todas as instalacións municipais, entre a que se incluía o Auditorio Municipal, por mor da crise epidemiolóxica provocada polo Covid-19. Vigocultura tivo que cancelar un total de […]
Comeza o Festival de Títeres de Redondela
Todas as localidades para as funcións de sala están vendidas, ao igual que as de rúa, que por primeira vez e debido á COVID-19, foron necesarias para controlar os aforos. O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arranca este martes coa súa edición máis especial e con todas as entradas esgotadas, […]
No confín de… Helena Varela e Xosel Díez
Helena Varela é actriz, performer e lectora de audiolibros; Xosel Díez é artista, profesor e enxeñeiro. Os dous compoñen o núcleo central do colectivo multidisciplinar Cinema Sticado. Coa súa serie de intriga escénica de cine ao vivo STRPTS –Episodio 1: Mirlo & Rula (2015) e Fin de Tempada (2018)– xiraron por toda Galicia, parte do […]
A Mostra de Cangas presentou o programa da súa 37ª edición
Quico Cadaval recibirá o Premio Xiria ao Labor Teatral e Mercedes Oliveira, o Premio Mulleres en Acción. | Foto: Pro Light Estudio| A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas confirmou hoxe a súa 37ª edición, que terá lugar na vila do Morrazo do 9 ao 18 de xullo coas actuacións de 10 […]
A Rede Galega de Teatros e Auditorios ofrece 328 actuacións e 18 estreas até xuño
O circuíto que promove a Xunta en colaboración con 45 espazos escénicos de toda Galicia arranca hoxe en Lugo a súa programación semestral co espectáculo de danza Mercedes mais eu, protagonizado por Janet Novás e Mercedes Peón. | Foto: Diego Seixo (O mel non caduca, de Ibuprofeno Teatro) | A Rede Galega de Teatros […]
Resoltas as axudas á produción escénica da Agadic
O importe global das axudas á produción é de 650.000 euros, a mesma contía que o ano pasado. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fixo pública hoxe a relación de proxectos subvencionados ao abeiro da súa convocatoria de axudas á produción escénica. Segundo a adxudicación publicada onte no web da Agadic, recibirán apoio […]
O Festival de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras con 25 espectáculos
As rúas da vila acollerán tres concertos, representacións de monicreques, espectáculos itinerantes e a sesión golfa de Theatre Jaleo. O XX Festival Internacional de Títeres de Redondela celebra o Día das Letras Galegas cun extenso programa composto por 25 actividades en todos os recunchos da vila, e que inclúe espectáculos itinerantes, funcións de rúa, […]
Máis de 60 actividades e 30 compañías no Festival de Redondela
Un total de 30 compañías de Perú, Bélxica, Francia, El Salvador, Arxentina, República Checa, Madrid, Cataluña, Euskadi, Aragón, Castela e León e, por suposto, Galicia, compoñen o cartel deste ano. O Festival Internacional de Títeres converterá a Redondela no escenario de máis de 63 representacións teatrais a cargo de 30 compañías chegadas de todas […]
O Fórum Metropolitano da Coruña estrea as tempadas de artes escénicas en pequeno formato
A programación para a primavera, que comeza o vindeiro día 25, trae once propostas teatrais, tanto para público xeral como familiar. O centro municipal do Fórum Metropolitano acolle as edicións de primavera dos ciclos Sen Numerar e Todo Público, con dous programas deseñados para achegar as artes escénicas en pequeno e a un público […]
Cinema Sticado estrea ‘STRPTS Fin de tempada’ en Cangas
Hoxe sábado, ás 21:00, no Auditorio Municipal de Cangas, Cinema Sticado estrea a súa nova produción: STRPTS Fin de tempada, o polo de agora último episodio da serie STRPTS. STRPTS (lése estriptis) é unha historia de intriga por episodios creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida audiovisualmente ‘in situ’ en tempo real […]
A Sala Ingrávida presenta a súa programación 2018/2019
Máis de trinta espectáculos e novidades como unha renovada oferta de abonos ou unha residencia artística na sala para o proxeto gañador do certame “Novos valores” fan do espazo porriñés un dos focos máis interesantes para observar as novas tendencias. No seu quinto aniversario, a Sala Ingrávida do Porriño vén de presentar o seu […]