in ,

A programación de Vigocultura ofrece 27 espectáculos de teatro, danza e circo ata finais de abril

Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril, Vigo contará con 27 compañías que realizarán un total de 38 funcións

programacion vigocultura 2023

Un total de 27 espectáculos pasarán durante a temporada de xaneiro a abril polo Auditorio Municipal de Vigo grazas á programación de Vigocultura do Concello de Vigo. Contará con espectáculos de danza, teatro, maxia, novo circo e monicreques para adultos e público familiar. Tamén destaca a programación para bebés, con espectáculos de aforo superreducido para os menores de 2 anos.

Malasombra, Teatro del Barrio, Tanxarina, Producións Excéntricas, Galeatro ou Colectivo Glovo están entre as propostas deste semestre de Vigocultura; entre as que tamén se contempla a conmemoriación do Día internacional da muller, o Día mundial do circo ou o Día internacional da danza, con espectáculos de temáticas e xéneros relacionados.

Haberá tres estreas mundiais de compañías viguesas:The best magic trick in the world de Magia en la manga, 3240 de DeuVe e ReVolta de Juanito y Filomena. Por primeira vez en Galicia, os espectáculos La mejor obra de la historia  de Spasmo Teatro, Passport  de Yllana, Las aventuras del león vergonzoso de Pot Petit, Creatura de Lapso Producciones y Malabart, Latas  da Compañía D’Click e LOOP de Aracalanza.

Neste primeiro semestre de 2023 volve o formato 4×4, tanto para adultos como para público miúdo, con catro micropezas de diferentes estilos que se levarán a cabo en diferentes espazos do Auditorio e con aforo superreducido. Cinema Sticado, Alberte Bello, Elahood e Mónica Sueiro encargaranse das micropezas para adultos.


Publicidade

Dende o pasado ano, e ante a alta demanda, Vigocultura realiza dobre función nas fin de semanas de moitos dos espectáculos para público adulto: os venres e sábados ás 20.00h. Por outra banda, a programación para público familiar será os domingos ás 18.00h e o espectáculo para bebés poderá desfrutarse o domingo 5 de marzo, con aforo moi reducido e tres sesións: ás 12.00, 16.30 e ás 18.00h.

As entradas poñeranse á venda este venres, 20 de xaneiro, ás 9 da mañá a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poderán adquirirse packs de 5 ou 10 espectáculos cun 10 e un 25% de desconto respectivamente. Pode consultar a programación de Vigocultura completa.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

O deus do pop. Diego Anido

O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso

Musical 'Vox Populi' de Malasombra.

‘Vox Pupuli’, o agardado musical rock de Malasombra estréase en Narón