in ,

‘Vox Pupuli’, o agardado musical rock de Malasombra estréase en Narón

O espectáculo conta con 12 intérpretes en escena que reflexionarán sobre o poder e os discursos populistas

Musical 'Vox Populi' de Malasombra.
'Vox Populi' de Malasombra. Foto: Malasombra

Malasombra Producións estrea en Narón a ópera rock Vox Populi (Nec Mea Vox); será no Pazo da Cultura o venres 20 de xaneiro ás 20.30h e o sábado 21 ás 20.00h.

Vox Populi é unha das máis agardadas estreas teatrais deste semestre, por ser unha produción de gran formato cun elenco de 12 actrices, actores e músicos que interpretan este musical que reflexiona sobre o poder e os discursos populistas.

Vox Populi está escrito e dirixido por José L. Prieto a partir dunha idea orixinal de Xoque Carbajal e con Carlos Mosquera Mos na composición e dirección musical.  Ademais dos propios Xoque Carbajal e Carlos Mosquera, tamén estarán en escena Susana Sampedro, César Goldi, Paku Granxa, Bea García, Paula Pier, Celia González, Brais Iriarte, Pablo Leira, Chechu Mosquera e Lorena Cachito. Da escenografía e deseño de vestiario encargouse Diego Valeiras; da iluminación, Xoque Carbajal, e do deseño gráfico, Miguel Carbajal Touceda.

Publicidade

Tras a súa estrea en Narón, o espectáculo iniciará a súa xira, dentro da que ten previstas outras oito funcións dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios: Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo, 27 de xaneiro; Teatro Principal de Santiago, 2 e 3 de febreiro; Teatro Principal de Pontevedra, 2 de marzo; Auditorio Municipal de Vigo, 3 de marzo; Auditorio Gabriel García Márquez de Oleiros, 11 de marzo; Teatro Principal da Estrada, 17 de marzo, e Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño, 15 de abril.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

programacion vigocultura 2023

A programación de Vigocultura ofrece 27 espectáculos de teatro, danza e circo ata finais de abril

Xornadas Escena Galega 2022

Os retos do asociacionismo profesional nas artes escénicas