Coa intención de reforzar a presenza do teatro e da literatura dramática entre o público adolescente, a erregueté | Revista Galega de Teatro colabora dende 2018 coa Mostra de Teatro do Ensino Secundario do Morrazo coa edicion dos textos premiados no Certame de Teatro Breve. A intención é iniciar unha colección de dramaturxia breve ligada a este concurso que poida ser accesible dende a web e de cuxa impresión se encargue o centro organizador de cada edición.
- Cadernos Pygmalión 01:
A derradeira mentira, de Ana Díaz Sticotti e Pedra, papel e tesoira! de Yaiza Portela Costa. - Cadernos Pygmalión 02:
A metamorfose forzada ou xuízo nun acto, de Nee Barros Fernández