Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín informativo # 17

Maio 2021

Comezamos esta entrega do boletín de maio do Fondo Teatral María Casares, con dúas referencias ao tema “Teatro e Segunda República Española” que deixamos pendentes no anterior boletín. Deseguido, presentamos un estudo sobre Álvarez Blázquez, importante figura da cultura galega; dous textos dramáticos contemporáneos de Teatro en Vilo e Roi Vidal; e un libro conmemorativo do Festival Cómico de Maia, en Portugal.

Acotaciones (Investigación y Creación Teatral)

Un teatro para Borges
de VVAA

Xaneiro-Xuño de 2010. Número 24 / Xullo-Decembro de 2010. Número 25 (Castelán)

Ruta del memorial democràtic, sis anys de memòria de la Vila

2014-2019
de VVAA

Coordinado por Sònia Alejo Martínez (Catalán)

Nestes dous números da revista semestral Acotaciones, editada pola RESAD de Madrid, poden lerse diferentes materiales das “Jornadas sobre el exilio teatral republicano de 1939″. Entre eles escolmamos, para a posible lectora ou lector, os seguintes títulos: Notas diversas (no dispersas) de introducción al estudio del teatro del Exilio Republicano, de Ricardo Doménech; Tablas y diablas en el teatro de José Bergamín, de Mª Teresa Santa María Fernández; e, para concluír, Margarita Xirgu. El teatro contra el olvido, de Alejandra Venturini.

O Memorial é unha programación que se desenvolve na cidade de Vila-real durante o mes de abril e desde 2014. Comprende actividades artísticas como teatro, danza ou música e, tamén, divulgativas: conferencias, exposicións, documentais, proxeccións, presentacións de publicacións, etc., sobre a memoria histórica, un período que abrangue desde o comezo da Segunda República de 1931 até o remate da Transición Española.

O libro é unha compilación das seis primeiras creacións da Ruta do Memorial Democrático, unha peza de teatro documento de rúa que se crea partindo do tema que vertebra a programación do Memorial de cada ano, tendo en conta a historia local. Sònia Alejo Martínez é a dramaturga e directora das rutas do Memorial.

Os temas, representados polas rúas da cidade foron até agora:  Pegadas do 31, camiños de liberdade (2014); Mulleres e represión: fermento e sal da cidade (2015); O estralo da Guerra Civil: a cidade ferida (2016); Exilio e acollida: o corazón aberto dunha vila (2017); Cultura e educación, a alma da vila (2018); Espazos de memoria e pisadas de silencio (2019).

Este libro ben podería ser unha fonte de suxestións para as diferentes Asociacións de Memoria Histórica ciscadas polas vilas e cidades galegas.

Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo…

de Mª Pilar García Negro

Manuais Casahamlet Teatro nº 9. Deputación Provincial da Coruña (2008)

Marcha fúnebre para un monicreque

de Roi Vidal Ponte

Baía Edicións. A Coruña (2017)

XII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2016

Este traballo de Pilar García Negro, publicado no ano 2008 cando a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras a Álvarez Blázquez, preséntanos un resumo da vida e da actividade cultural do suxeito obxecto de estudo. O libro está estruturado en sete partes, facendo un paralelismo coas sete décadas que lle tocou vivir a Álvarez Blázquez. Deste xeito, a autora preséntanos un relato no que vai contando os aspectos máis relevantes tanto do contexto histórico, social e cultural, como da propia vida do autor homenaxeado.

Ao longo do libro podemos facernos unha boa idea do ambiente no que lle tocou nacer e vivir. Era a súa, unha familia de intelectuais, o cal favoreceu desde moi cedo a súa vocación literaria. O seu avó, Emilio Álvarez Giménez, foi o autor de dúas pezas de teatro A casamenteira e Mari-Castaña, publicadas ambas nos Cadernos da Escola Dramática Galega.

Nos seus comezos na vida cultural e política de Galiza, Álvarez Blázquez estréase como orador político motivado por Alexandre Bóveda, con quen compartía lazos familiares, nun acto homenaxe aos mártires de Carral. Unha etapa que tristemente mudaría radicalmente a súa vida foi a producida polo golpe de estado de 1936 e os fusilamentos de tantas persoas, entre elas o propio Bóveda e os irmáns Darío e Xosé Álvarez Limenses; respectivamente, pai e tío de Álvarez Blázquez. É tamén desta etapa o seu desterro a Zamora.

A partir do seu regreso en 1946 a Galiza, retoma con moitísimas dificultades a súa vida cultural, mais non a política, totalmente reprimida. Desta época son as súas dúas obras de teatro en castelán: Los pazos altivos e El zapato de cristal.

Nas últimas partes do libro podemos coñecer o seu intenso labor xa non só como autor, tamén como editor e divulgador, pois foi o seu propósito publicar obras fundamentais da literatura galega para chegar ao maior número posible de lectores.

Este libro é moi acaído para traballar en secundaria. De feito, o obxectivo principal da súa publicación foi facer chegar ao alumnado dos institutos, e á mocidade en xeral, o exemplo de Xosé Mª Álvarez Blázquez.

Pilar García Negro ten unha traxectoria política e cultural intensa, sempre co afán de dignificar a cultura e a lingua galega, outorgándolles o estatus que lles corresponde. Este traballo, ao igual que todos os seus, é riguroso e tremendamente útil para coñecer mellor diferentes aspectos relacionados coa nosa historia e a nosa cultura. Entre a súa obra destacan os estudos relacionados con Lamas Carvajal, Castelao, Rosalía de Castro ou Carvalho Calero, homenaxeado o pasado 2020 no Día das Letras Galegas.

Neste texto, de claro carácter metateatral, hai cinco personaxes que á súa vez forman parte dun espectáculo de ópera: a Dire, a Prota, o Prota, o Secun e Matías, o tremoia.

O título do texto rememora á composición musical Funeral March of a Marionette, de Charles Gounod, e de feito esta peza soa como música de fondo ao longo de toda a obra, tendo unha relevancia maior ao comezo e ao final da mesma. A primeira escena chámase Preludio e nela, coa música de fondo, o Dire comenta que o fragmento que van representar está baseado nun feito real que tivo lugar no Teatro Scala de Milán en 1968, na estrea de Romeo e Xulieta.

A historia ten lugar nun teatriño de monicreques engalanado ao xeito burgués, típico do século XIX. Despois do Preludio continúa co saúdo final ao remate da actuación operística, mais enseguida o escenario xira sobre si mesmo para centrar a acción no que sucede tras as cortinas do teatro. Unha e outra vez o autor xoga con este cambio de foco amosando o escénico e o extra escénico, dándolle ao público a oportunidade de ver e escoitar o que acontece nos espazos aos que xeralmente non poden acceder.

Ao longo do texto podemos identificar unha clara crítica a moitos aspectos da sociedade, comezando pola falta de respecto e consideración coa que os protagonistas, e especialmente o Prota, tratan ao tremoia; tamén, a falta de respecto cara o público, os comportamentos en masa, o individualismo e o ben particular a costa do que sexa, o morbo que substitúe ao xornalismo… Todo isto en clave de sátira e de humor, con moito misterio e intriga.

Esta obra ten moito de xogo e cando se le, ás veces, é necesario volver atrás e reler de novo para seguir ben o fío. Non é de estrañar que cando se publicou a definiron coma un experimento revolucionario, cheo de voltas, revoltas e reviravoltas. Mais, a pesar das revoltas, é do moi recomendable lectura para gozar dun bo texto. Apta para o alumnado dos institutos.

Este texto foi representado pola compañía Os Monicreques de Kukas no 2018. Dirixida por Isabel Rei, quen contou coa colaboración do propio autor como asistente de dirección.

Roi Vidal Ponte, ademais de dramaturgo é poeta, crítico teatral, músico e director de escena. Gañou tamén o II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico no 2008 e o Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2017.

Terceiro Acto

de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez

Edicións Positivas e AGADIC (2021). Colección O Papel do Teatro nº 7

O teatro do nosso contentamento

10 anos Festival Internacional de Teatro Cómico da Maia
de VVAA

Textos, temas e fotografías de José Leitão, 2005 (Portugués)

Unha troupe de actrices e actores veteranos reúnese clandestinamente pola noite para emprenderen a que quizais sexa a última aventura xuntos. Nesta noite revivirán o que non volverá para entender, para modificar, para se reconciliaren co que xa non está, ao tempo que reflexionan sobre o terceiro acto das súas vidas. Xuntos analizarán o seu legado e proxectaranse, tamén, no futuro incerto para falar sobre a vellez, a morte, os seus anhelos e desexos para esta nova etapa da vida.

Terceiro Acto é unha peza á vez cómica, sombría e fermosa. Un poema escénico sobre a memoria e os soños: un exorcismo, unha celebración da vida e do teatro.

Este volume, o sétimo da colección “O papel do teatro”, é froito do acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e Edicións Positivas. Os outros títulos desta colección, que tamén poden lerse no FTMC, son: Tartufo de Moliêre; Martes de Carnaval de Valle-Inclán; Divinas Palabras Revolution de Chévere; Neorretranca e posmorriña de Esther Carrodeguas e Roi Vidal Ponte; DramaturXa de VVAA; e O charco de Ulises de Santiago Cortegoso.

Velaquí o volume conmemorativo de 10 anos (1994-2004) do Festival Internacional de Teatro Cómico de Maia, que en 2020 celebrou a súa 25 edición.

Esta ollada cara atrás, exercicio de memoria a través deste libro, móstranos a teimosía dun proxecto, iniciativa da Cámara Municipal de Maia coa dirección artística e de produción do Teatro Art’Imagem. O Fórum de Maia , espazos adxacentes e as rúas da cidade son os escenarios nos que se desenvolve este Festival, único dedicado ao teatro cómico en Portugal.

Na programación destes dez anos sempre estiveron presentes, ademais de compañías portuguesas, outras estranxeiras de Brasil, Inglaterra, Francia, Bélxica, Canadá ou España. Constátase que desde a súa primeira edición non fallou a presenza do teatro galego: Tanxarina, Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, Teatro do Aquí, Chévere, Mofa e Befa, Ollomoltranvia, Sete Magníficos mais Un, Santi Prego, Títeres Trompicallo…

Unha ponte sempre tendida por José Leitâo, o director artístico do Festival. E así ven sendo até actualidade.

Para saber máis: http://www.teatroartimagem.org/

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.