A Red de Teatros Alternativos abre a convocatoria do Circuíto 2018 destinado á selección de propostas artísticas de Artes Escénicas Contemporáneas para a xira a través das salas asociadas á Rede durante o último cuadrimestre de 2018.
O Circuíto da Red é un programa promovido pola Red de Teatros Alternativos, cuxo obxectivo é facilitar a mobilidade, polas diferentes salas da Rede, de proxectos contemporáneos de artes escénicas pensados para espazos de pequeno e mediano aforo e concibidos por creadores e empresas profesionais do Estado.
A convocatoria diríxese a compañías de Artes Escénicas que dispoñan de un espectáculo de creación contemporánea –para público adulto ou familiar– do que poidan presentar unha gravación completa realizada no último ano.
Na súa modalidade 1, está dirixida a empresas cunha proposta contemporánea de teatro ou danza para público adulto ou familiar. Na súa modalidade 2, está destinada a compañías ou creadores cun proxecto de creación en proceso.
O prazo para presentar propostas estará aberto ata as 23.59 horas do domingo, 21 de xaneiro
O ano pasado, varias compañías galegas –Las Tricotouses, Anómico Teatro, Ibuprofeno Teatro, O retrete de Dorian Gray, Cair Circo– participaron neste circuíto, cuxas actividades se realizan dentro do Estado pero en Comunidades Autónomas distintas daquela na que ten a súa orixe as compañías ou credorxs escollidos.
Pódense descargar as bases aquí.
Foto: Emoticores de Las Tricotouses | Manu Lago