in ,

Exposición “Tránsito pola escenografía española contemporánea” en Ribadavia

|

A exposición promovida por Acción Cultural Española (AC/E), Tránsito pola escenografía española contemporánea, pode verse agora, tras o seu paso pola Cuadrienal de Praga, na Igrexa da Madalena de Ribadavia, en horario de martes a sábado, de 10h a 14h e de 18h a 21:30h e todos os días da semana durante o festival, que ten lugar do 14 ao 22 de xullo de 2018.

A exposición pretende dar a coñecer a actualidade da plástica escénica española a través de máis de setecentos espectáculos estreados nos últimos sete anos no noso país. A exposición enmárcase nunha serie de actividades (charlas, conferencias e coloquios) programadas dentro da 34ª edición da MIT (Mostra Internacional de Teatro) de Ribadavia.

Tránsito pola escenografía española contemporánea estrutúrase en oito módulos temáticos deseñados polo equipo de arquitectos Zuloark. En cada un deles analízase un concepto concreto relativo á creación escenográfica recente. Cada módulo ten integrado unha montaxe de vídeo e son ambiente. Algunhas imaxes exhibidas na montaxe forman parte do catálogo –SOS, SPAIN in stage– editado pola AAPEE, Asociación de Artistas Plásticos Escénicos de España, a cal recolle traballos de vestuaristas, iluminadores, videoartistas, etc…

Publicidade

José Luis Raymond participará o 20 de xullo ás 21 h. dentro da MIT, nunha charla titulada “Tránsito pola escenografía española” para explicar cómo a escenografía foi adquirindo nos últimos sete anos un papel destacado dentro da escena contemporánea española e como a busca de novas formas para contar historias levou aos escenógrafos españois a investigar e desenvolver solucións plásticas que apoien o seu pensamento creativo. As súas propostas son un bo reflexo da evolución artística que vive hoxe España. En palabras do comisario, “A sociedade está viva, cambia continuamente. A escenografía, como elemento de comunicación e expresión artística, non é allea a estes cambios. Nese sentido, o papel desenvolvido polos centros de ensinanzas artísticas está a ser primordial na formación das novas xeracións de escenógrafos/as españois”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Queizan2 |

Vigo acolle a presentación do libro ‘Lembranzas da arte escénica’ de Maximino Queizán

teatronoprincipal |

II Mostra de Teatro no Principal en Compostela