in ,

II Mostra de Teatro no Principal en Compostela

teatronoprincipal |

A rede de Centros Cívicos de Santiago de Compostela ten preparada unha ampla programación para os próximos meses. A concelleira Concha Fernández presentou algunhas das actividades que se levarán a cabo en xullo e deu conta da II Mostra de Teatro no Principal, que se celebrará a próxima semana.

Por segundo ano consecutivo, os clubs de teatro dos centros cívicos de Santiago poderán mostrar o traballo que veñen realizando ao longo do ano no Teatro Principal, na mostra que se vai desenvolver dos días 25 a 30 de xuño. Concha Fernández salientou que esta iniciativa “permite que os grupos de teatro afeccionado, xurdidos nos barrios e parroquias, poidan actuar no escenario máis emblemático de Compostela e sentirse como verdadeiras compañías profesionais”. A concelleira de Centros Cívicos explicou que nas xornadas participarán oito grupos da rede de centros cívicos, aos que desta vez se suman como invitados o Grupo Martabelas de Teo e Avelaíña Teatro.

Será precisamente Avelaíña Teatro o grupo que abra a mostra o luns 25 de xuño, ás 21.00 horas, coa obra A ópera de A Patacón.

O martes 26 será unha xornada intensa na Mostra. Ás 18:00 h actuará o grupo infantil do Centro Cívico das Fontiñas, que representará Barbas do mar, e o grupo xuvenil de Marrozos, coa obra Arte. Ás 21:00 h será a quenda do grupo de adultos Rochaforte, coa peza Isto non ten cura, e ás 21:30 h pechará a xornada o grupo Solpor, dos adultos de Vite, con Lencería fina.


Publicidade

O mércores 27 está prevista a actuación do grupo de adultos do Centro Cívico das Fontiñas, que porá en escena O Florido Pénsil, a partir das 21.00 horas.

O venres 29 de xuño, ás 21:00 horas, pasará polo Teatro Principal, como grupo invitado, os Martabelas de Teo, coa obra A cousa de Bernarda Alba.

Xa o sábado 30 de xuño, a Mostra de Teatro pecharase cos grupos infantil e xuvenil do Centro Cívico de Conxo, que representarán as obras A gata con botas e Mórdeme, a partir das 18:00 horas. Pechará o ciclo o grupo de adultos do Centro Cívico de Santa Marta, con El cadáver del Señor García.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

ExpoEscenogMIT |

Exposición “Tránsito pola escenografía española contemporánea” en Ribadavia

circochoscobaixaweb |

Circo nos parques de Compostela