in

As mobilizacións da ESAD logran unha rectificación nos recortes á Escola

ESAD08 |

Despois de tres días de folga e concentracións en Vigo, Pontevedra e Compostela, a Xefatura Territorial de Educación rectifica e vén de aceptar algunhas das demandas da comunidade educativa da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD). Nunha reunión celebrada o pasado venres entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa acadáronse tres importantes compromisos.

  • En primeiro lugar, a revisión do cadro de persoal do centro, incrementándoo nunha praza e media, unha de Dramaturxia e media de Espazo Escénico. Isto supón a restitución da metade do profesorado que fora eliminado neste curso.
  • Recoñécense tamén as Titorías Docentes dentro do horario lectivo do profesorado cun mínimo de 3 horas. Na Escola xa viñan aplicando esa figura desde 2012 por mor da entrada no Espazo Europeo de Educación Superior, pois o crédito ECTS contempla non só a docencia directa senón tamén as actividades académicas complementarias, como titorías, especialmente necesarias na Educación Superior.
  • Por último, a administración comprometeuse a relevar e substituír o inspector do centro con carácter inmediato, con data de 1 de outubro, “elemento fundamental para favorecer a convivencia entre a a comunidade educativa da ESAD e a administración educativa”.

Estudantes e profesores secundaron masivamente tres días de folga entre o 17 e o 19 de setembro, e a continuidade das mobilizacións desembocou nunha xuntanza entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa na que se pactaron os mencionados acordos.

De todos os xeitos, aínda quedan asuntos pendentes. A comunidade educativa non renuncia á recuperación ao completo do cadro de persoal necesario e demandado polo centro nin, por suposto, á demanda de que o centro se adscriba á Universidade, aínda que dende a ESAD matizan que darán unha marxe de confianza á nova conselleira, Carmen Pomar, para que se familiarice cos asuntos do seu departamento antes de retomar as accións se non hai movementos.

Publicidade

Dende a CIG-Ensino subliñan que este conflito demostra que sempre é preferíbel a loita e a mobilización. A negativa a negociar e a escasa empatía e preocupación demostrada dende os diferentes niveis de responsabilidade –Inspección e a Xefatura Territorial, os servizos centrais e o anterior conselleiro-, “levounos a un conflito do que saímos coa convicción de que, malia non conseguir todos os nosos obxectivos, si demos un paso adiante fundamental na defensa dos dereitos do profesorado do centro e da calidade das ensinanzas de arte dramática no país”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

PremiBorn2018 |

O XLIII Premi Born de Teatro 2018 entregarase o 20 de outubro en Ciutadella de Menorca

esad galicia recortes |

As Artes Escénicas galegas queremos ser universitarias, por Sandra Núñez Figueroa