O pasado mércores 24 de outubro deu comezo a 22ª edición dos Premios Max das Artes Escénicas coa apertura do periodo de inscrición de espectáculos estreados ou en xira desde decembro de 2017 a decembro de 2018 e a os profesionais que os realizaron nos seus diferentes aspectos artísticos e técnicos.
No caso de espectáculos teatrais, de rúa o para público infantil, xuvenil ou familiar, estes deberán ter realizado un mínimo de oito representacións e ter programadas outras sete antes do 30 de xuño de 2019, tanto no Estado como fóra del.
As producións que queiran participar nos Premios Max 2019 poderán inscribir a súa candidatura ata o 30 de novembro de 2018, incluídos os que teñen prevista a súa estrea antes do día 15 de decembro. Igualmento, mantéñense as 19 categorías a concurso.
Os espectáculos poderán ser candidatos nunha ou dúas edicións consecutivas dos Premios Max. Poderán concursar nunha segunda edición aqueles espectáculos en xira que, tendo realizado un mínimo de trinta representacións no segundo ano, non resultasen finalistas na primeira edición á que concorreron.
Organizados pola Fundación SGAE, os galardóns celebran 23 anos mantendo os seus tres premios especiais: Premio Max de honor, que distinguirá a traxectoria dunha persoa pola súa achega, entrega e defensa das Artes Escénicas; o Premio Max afeccionado ou de carácter social, que engloba proxectos a favor da integración e a proxección social e a compañías afeccionadas cunha sobresaínte contribución ás Artes Escénicas; e o Premio Max do Público, que se concederá ao espectáculo que obteña maior número de votos do público a través da aplicación online.