in

MEXE 2019 xa ten datas e vai discutir o Común

|

O MEXE – Encontro Internacional de Arte e Comunidade regresa ao Porto entre os días 16 e 22 de Setembro de 2019. A quinta edición, o evento, que se ten afirmado como un dos máis importantes espazos de discusión das prácticas artísticas comunitarias, vai ocupar algunhas das principais salas e espazos públicos do Porto cunha programación que pensará o común na sociedade contemporánea. Performances, instalacións, música, teatro, danza, oficinas e cinema serán algunhas das linguaxes que explorarán o diálogo entre arte e política. A edición 2019 do MEXE coñecerá aínda extensións nas cidades de Faro e Lisboa e integrará o Encontro Internacional de Reflexión sobre Prácticas Artísticas Comunitarias – EIRPAC, un espazo de discusión e sistematización de coñecemento ligado ás prácticas artísticas comunitarias.

Nun universo dominado polas ideas de éxito e individualismo, cábelle á arte, en canto espazo de experimentación para a cidadanía e desenvolvemento estético e ético, asumir un papel activo na discusión sobre aqueles que son os temas agregadores da vida contemporánea. Fiel á idea de que a arte pode ser un importante vehículo para a construción dun futuro a moitas e diversas mans, o programa para o MEXE 2019 vai procurar identificar aquilo que inspira o hoxe e o futuro, reunindo un conxunto de propostas que poidan catalizar a discusión sobre as multi-definicións do común e os espazos de conexión entre linguaxes artísticas, áreas disciplinares diversas e dinámicas sociais en Portugal e no Mundo. A través de espectáculos e documentarios que debaten cuestións críticas, historias que nos inspiran á procura de novos modelos de organización social ou oficinas que chaman o público para o centro da escena, o MEXE 2019 asumirá o desafío de lanzar bases para a construción de renovadas formas de facer e ser.

A 5ª edición do MEXE vai aínda reforzar a súa implementación no espazo público distribuíndose polos tres polos da cidade do Porto (central, oriental e occidental). Unha descentralización que pretende aproximar a programación a públicos moi distintos, mais que non aliena a relación fundamental co Teatro Nacional São João e o Teatro Municipal do Porto, dous eixos centrais do que é, hoxe, a vida cultural da cidade.


Publicidade

Concibido e organizado nun modelo participativo, o encontro será, como sempre, montado coas contribucións e o compromiso dos elementos do grupo comunitario base da PELE nas varias fases do proceso, así como propostas recibidas a través dunha convocatoria aberta ao país e ao mundo. O Open call para candidaturas estará aberto entre 15 de Outubro e 30 de Novembro e pode ser consultado en www.mexe.org.pt

Ao longo das súas catro edicións, o MEXE contou con máis de 1500 participantes de 22 países e máis de 20.000 espectadores en 130 accións que ocuparon 30 espazos distintos da cidade do Porto.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

elefante |

Elefante Elegante abre hoxe a Mostra de Teatro de Malpica

premioMax00 |

Os Premios Max abren a fase de inscrición de espectáculos para a 22ª edición