in

Elefante Elegante abre hoxe a Mostra de Teatro de Malpica

elefante

A Mostra de Teatro de Malpica chega hoxe á súa 14ª edición cun cartel no que teñen cabida compañías galegas de todo tipo e con espectáculos para todas as idades.

A Mostra arrinca hoxe coa Danza da choiva de Elefante Elegante, gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017. Especialmente recomendada para nenas e nenos de 3 a 10 anos, será a encargada de abrir a cita de Malpica coa escena.

Para a cativada, este ano tamén haberá teatro musical: e a Banda do Verán estarán no Centro Cívico o vindeiro 2 de novembro con A casa do terror, para nenos e nenas de 4 a 12 anos que queiran celebrar o Samaín dun xeito moi especial, animado e divertido.

PUBLICIDADE

Entre 6 e 12 anos sitúase o público preferente do seguinte espectáculo, Sopa de sapo de , que acode unha vez máis á Mostra, neste caso cunha comedia interpretada por María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto. Será o día 9 de novembro.

A Mostra tamén pensa no público adolescente e adulto, destinatario doutras tres propostas deste outono teatral. O venres 16 de novembro, Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei únense no espectáculo de Falar sen cancelas.

O venres seguinte, día 23, Malasombra Producións –que obtivo a mellor valoración do público nos anos 2014, 2105 e 2016– chegarán nesta ocasión con O caso é ter saúde, para maiores de 16 anos.

PUBLICIDADE

A Mostra de Teatro pecharase con –compañía gañadora da valoración do público o ano pasado– coa fabulación dramática Fillos do Sol, coa que foi finalista no María Casares deste ano na categoría de mellor texto orixinal. A sinatura é de Cándido Pazó, e a inspiración, de Eduardo Pondal.

As funcións celebraranse ás 20:30, no auditorio do Centro Cívico.

PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
NULL string(80) "SHORTCODE: [gallery mace_type="lightbox" mace_title="Your gallery title" ids=" ]"
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Vanesa contramateria Foto Humberto Valladares

    Vanesa Sotelo intervén hoxe n’O Teatriño da Fundación Luís Seoane da Coruña

    MexePorto

    MEXE 2019 xa ten datas e vai discutir o Común